MARTES 22 DE XUÑO:
- Remate das clases ás 12:10. Haberá transporte escolar.
XOVES 24 DE XUÑO:
- Entrega de notas ás 10:30h. ao alumnado na súa aula de referencia (incluídas as da avaliación extraordinaria de 2º de bach.)
- Entrega de todos os libro de texto do Fondo Solidario. Os libros entregaranse en bolsas debidamente etiquetadas co nome e curso do alumno/a. O titor comprobará o número e estado dos libros devoltos e, unha vez comprobadas as notas, os alumnos/as levarán para casa os libros das materias que teñan suspensas en xuño, para devolvelos en setembro.
- Entrega dos libros de préstamao da biblioteca.
- Este día NON se recollerán os libros de texto de préstamo do ANPA.
XOVES 24 E VENRES 25 DE XUÑO:
- Período de reclamación de 2º de bacharelato, de 9:00 a 13:00h.
VENRES 25 E LUNS 28 DE XUÑO:
- Período de reclamación de ESO e 1º de bacharelato, de 9:30 a 13:30h.
XOVES 1 DE XULLO:
- Período de matrícula de 1º e 2º ESO, de 9:30 – 13:30h.
VENRES 2 DE XULLO:
- Período de matrícula de 3º e 4º ESO, de 9:30 – 13:30h.
LUNS 5 DE XULLO:
- Período de matrícula de 1º de bacharelato, de 9:30 – 13:30h.
MARTES 6 DE XULLO:
- Período de matrícula de 2º de bacharelato, de 9:30 – 13:30h.
Os días de matrícula recolleranse dos libros de texto de préstamo do ANPA.
Para facer a matrícula, os titores legais asinarán os seguintes impresos que se adxuntan. Este curso, o impreso de elección de materias segundo a prematrícula xa cuberta, facilitarase en administración para ser asinado no momento.
En xuño só se matricula o alumnado que superaran todas as materias. O resto farano en setembro.
Documentación a presentar coa matrícula 2021/2022
Datos matrícula 2021/2022
Autorizacións xerais matrícula
Transporte escolar