Bujansat gaña a fase galega do programa Cansat da ESA
O equipo BujanSat, formado polos alumnos Xoel García, Jacobo Núñez, Julián Ramos, Diego Rodríguez, Iago Suárez e Hugo Viqueira; e os seus profesores Isabel Parada e Pedro Rodríguez, foron gañadores na fase galega do certame Cansat da área educativa da ESA (Axencia Espacial Europea). Agora, representarán a Galicia na fase nacional que terá lugar en Granada no mes de xullo. Moitos parabéns e moita sorte!
No seguinte ENLACE podedes ver o vídeo final de conclusións, que resume o proxecto Bujansat.