Skip to Content

Axudas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo 2022/2023

Publícase a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2022-2023 no seguinte ENLACE.

O prazo é dende o 19 de maio ata o 30 de setembro.

Plan de verán de xuventude

Toda a información no seguinte ENLACE

Fondo libros 2022/2023

Só para o alumnado que no 2022-23 vaia cursar 2º, 3º ou 4º de ESO.

Prazo de solicitude: do 19 de maio ao 22 de xuño.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 

O formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) está dispoñible na aplicación fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros, 

 Acceso á Orde

Actividade do proxecto Erasmus + Developing an Artificial Intelligence curriculum adapted to European High Schools en Eslovenia

 

 

Parte do alumnado involucrado no proxecto Erasmus AI+ participou na última visita de traballo do proxecto que tivo lugar na vila de Velenje, en Eslovenia. Esta foi a primeira ocasión na que se puideron encontrar de xeito presencial os estudantes de todos os centros participantes: de Italia, Finlandia, Lituania e Eslovenia, ademáis dos nosos veciños do CPI A Xunqueira de Fene.

Durante a estancia, o alumnado foi quen de poñer en práctica as habilidades e coñecementos adquiridos durante estes tres anos de proxecto. Estes talleres complementáronse con visitas ao Centro de Educación Interempresarial (MIC) de Velenje e á Facultade de Informática da Universidade de Liubliana e con diversas actividades lúdicas e culturais.

O bo clima creado entre os participantes e o grande interese das actividades realizadas converteron esta viaxe nunha experiencia inesquecible para todos.

Moitas grazas ao equipo coordinador da UDC e ao profesor Francisco Bellas polo magnífico traballo de organización.

 

 

AVISOS DA BIBLIOTECA

Dende hai uns días tanto o alumnado como o profesorado do noso IES ten no su correo electrónico un enlace á enquisa anual sobre funcionamento da biblioteca. Alí nos poderedes dicir o que está ben, o que está mal e que suxestións e novas ideas tdes para que todo funcione moito mellor.  Por isoo é moi importante que a cubrades (ata o 27 de maio). Aquí tedes de novo os enlaces:

ALUMNADO
 
PROFESORADO
 
Lembrade tamén os profes que o pasado 27 de abril mandeivos un correo con toda a información sobre a nova biblioteca dixital implementada pola Consellería.  Alí tedes toda a información e as claves de acceso.  Se pensades utilizala é importante que entredes para ver se hai algún problema.

 

ABAU Xuño 2022: matrícula e instrucións

No seguinte enlace achégase un resumo das instrucións e documentación a entregar para a matrícula ordinaria nas ABAU 2022.

Achégase tamén a convocatoria e instrucións completas da CIUG para a matrícula das ABAU 2022.

Documentación de interese:

Impreso de matrícula.

Taxas ABAU.

Resgardo taxas título bacharelato.

Instruccións aboamento taxas ABAU de forma telemática

 

Tamén podes acceder ás distintas presentacións das charlas dadas por Orientación nos seguintes enlaces:

Presentación ABAU

Admisión ao Sistema Universitario Galego

Admisión á FP

 

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "O PRACER DE LER"

Dende a biblioteca convidámosvos a participar na segunda edición do concurso fotográfico "O pracer de Ler", co que queremos celebrar o Día do Libro 2022.  Como o curso pasado, en que a obra gañadora foi esta composición de Tomás Andrade Boga, trátase de mandar unha foto artística (ou varias) que recolla a idea da lectura como algo pracenteiro.  As bases do certame están recollidas no PDF que segue.

Encontros virtuais na USC para alumnado de bacharelato

A USC dentro dos Encontros virtuais que organiza do 8 ao 13 de abril, ofrécenos unha videoconferencia sobre a preinscrición e matrícula na Universidade Galega, e outras moitas sobre os diferentes graos. Para participar nas videoconferencias, debes proceder da seguinte forma:

 

  1. Entra en "Encontros virtuais"
  2. Preme no botón “Acceder á videoconferencia”.
  3. Ábrese o Navegador e, se non tes instalado Teams,  elixe “Continuar en este explorador
  4. Ábrese outra ventana e elixe “Unirse ahora
  5. Xa podes participar na Videoconferencia. 
Hai varias datas e horarios posibles: 
 
Venres, 8 de abril, de 10:00 a 11:00h. e 16:00 a 17:00h.
 

Luns, 11 de abril, de 10:00 a 11:00h. 

Martes,12 de abril, de 9:00 a 10:00h. 

Mércores, 13 de abril, de 11:00 a 12:00h.

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023

Hoxe, día 19 de maio de 2022, empeza o prazo para solicita-las bolsas de axudas para alumnado con necesidades especifícas de apoio educativo e remata do 30 de setembro de 2022.

 O 19 de maio de 2022, comezou o prazo para solicitar as bolsas de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, e remata o 30 de setembro de 2022.

Convocadas as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

Acceso á sede electrónica para información e solicitude:  bolsas 2022-2023

Prorrógase o prazo de presentación de solicitudes da bolsa ata as 24:00 horas (hora peninsular) do día 16 de maio de 2022. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut