Skip to Content

Rutas literarias polo Museo

O alumnado de 1º de ESO o pasado xoves, 13 de outubro, foi ao Museo de Lugo para participar nas Rutas Literarias polo Museo

Hai catro rutas: a de Minos, a do Astrágalo, a do Paxaro e a do Carneiro Alado. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro Contos de Fantasmas no Museo. Conta cunha folla de ruta que o alumnado, por grupos, debe completar xa no museo. Logo comprobarán os resultados de cada unha das catro expedicións. 

Tamén aproveitamos para ir ver o Centro de Interpretación da Muralla, a piscina arqueolóxica e para pasear polo adarve da única muralla de orixe romana que conserva íntegro o seu perímetro.

A actividade estaba organizada polo EDLG e o Departamento de Historia.

Preme no enlace para veres o álbum de fotos.

Roteiro de Convivencia 1º ESO

O pasado 26 de setembro o alumnado de 1º ESO fixo o noso clásico Roteiro de Convivencia. O tempo acompañou e fixemos o recorrido pola beira do río Mero ata o campo de fútbol Dani Mallo. Polo camiño paramos a comer un bocata e ao chegar ao campo participamos nos xogos que nos tiñan preparados Zeltia e Álex. Unha tarde moi divertida!

Novo horario curso 22/23

A partir do luns 19 de setembro entra en vigor o novo horario.

Pódense consultar os horarios de cada grupo aquí

 

Información sobre o Proxecto Edixgal

Presentamos aquí, para toda a comunidade educativa, o folleto oficial de información sobre o Proxecto Edixgal, que comeza a funcionar en 1º ESO neste curso 2022/2023.

Presentación de resultados do Proxecto Europeo AI+

O alumnado que participou no proxecto educativo IA +: Developing an Artificial Intelligence Curriculum adapted to European High School asistiu ao acto de presentación de resultados do proxecto, que tivo lugar o mércores 22 de xuño no salón de actos do campus de Esteiro da UDC. Rematan así tres anos de traballo intenso, pero tamén de aprendizaxe, traballo en equipo, enriquecemento cultural e experiencias inolvidables. 

O noso centro participou neste proxecto xunto con outros cinco de Fene, Finlandia, Italia, Eslovenia e Lituania. A estes dous últimos países fixéronse viaxes para participar en actividades que contaron cunha parte curricular e tamén cunha interesantísima parte cultural. As viaxes aos outros destinos tiveron que cancelarse por culpa da pandemia covid-19, que condicionou en gran medida o desenvolvemento do proxecto pero que non conseguiu desanimarnos nin nos impediu acadar finalmente os obxectivos que nos marcamos.

Parabéns a todo o alumnado implicado e a Luis Couceiro –profesor coordinador do proxecto no IES David Buján– polo traballo realizado e polo compromiso amosado durante todo este tempo. E moitas grazas ao equipo de persoas da UDC que fixo posible este proxecto Erasmus+.

 

Proxecto de Talentos inclusivos

As nosas alumnas de 4º ESO, Selem Pires e Sofía Blach presentaron o seu traballo do proxecto Talentos Inclusivos no CITIC da UDC. Noraboa!!

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN DA NOSA BIBLIOTECA A3P

Compartimos convosco unha presentación con libros e música para desfrutar este verán.  Graciñas aos profes e alumnado que nos fixeron chegar as súas propostas.  Lembrade tamén que podedes levar libros da nosa biblioteca para o verán.  Só tedes que apuntar na libreta que hai xunto ao posto de administración o voso nome e o número de rexistro dos libros ou películas que levedes.

Bo verán para toda a comunidade educativa do David Buján e se é con libros moito mellor.

imaxe_santiagoapostolo

Distribuir contido


by Dr. Radut