Rutas literarias polo Museo
O alumnado de 1º de ESO o pasado xoves, 13 de outubro, foi ao Museo de Lugo para participar nas Rutas Literarias polo Museo.
Hai catro rutas: a de Minos, a do Astrágalo, a do Paxaro e a do Carneiro Alado. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro Contos de Fantasmas no Museo. Conta cunha folla de ruta que o alumnado, por grupos, debe completar xa no museo. Logo comprobarán os resultados de cada unha das catro expedicións.
Tamén aproveitamos para ir ver o Centro de Interpretación da Muralla, a piscina arqueolóxica e para pasear polo adarve da única muralla de orixe romana que conserva íntegro o seu perímetro.
A actividade estaba organizada polo EDLG e o Departamento de Historia.
Preme no enlace para veres o álbum de fotos.