Skip to Content

Día da Paz e da Non Violencia

O EDLG convoca dous concursos para festexar o Día da Paz e da Non Violencia

 

1. Convócase un concurso de recitado do poema "Irmaus " De Celso Emilio Ferreiro. 

Consultar as bases

Poema

Premiados

2. Convócase un concurso de nubes de palabras, ou caligramas,  co poema "Irmaus" de Celso Emilio Ferreiro. Todos-as alumnos-as  poden entregar a súa creación no departamento do EDLG antes do  28 de  xaneiro. Todas serán expostas na entrada do centro.

Aquí tes unha aplicación onde é moi doado facer unha nube de palabras. Podes escoller todas as palabras do poema ou só aquelas que consideres máis interesantes (significativas, sonoras, ...) . Despois imprime a túa nube ou manda o teu arquivo  á conta edlg@iesdavidbuján. Se tes algún problema para usar a aplicación pasa polo departamento do EDLG nos recreos que che ensinan a usar a aplicación.

Coa nube de palabras gañadora imprimirase un adhesivo, indicando o nome do alumno ou alumna,  para distribuir  de balde no centro.

Anímate e participa. Haberá grandes e gorentosos premios (diplomas, bocatas, puntos do EDLG, libros, ...)

Concurso musical

 

O EDLG lanza un novo concurso para difundir a música en galego

 

Entra na ligazón, escoita as letras (Sés e Ezetaerre) e completa as letras. Ten en conta que as palabras que precisas para completar o texto van aparecer por orde alfabética.

Despois envía os teus datos (nome, apelidos e curso).

Entre todos e todas que participen sorteranse puntos, bocatas, pereretes e unha camiseta do Rei Zentolo, como a que se exhibe na cortiza do Equipo de Dinamización da lingua Galega.

PARTICIPA 

CONCURSO ABERTO ATA O 30 DE XANEIRO

 

Feirón solidario Nadal 2022

Mércores 21 de decembro  xoves 22 de decembro esperámosvos no Feirón solidario de Nadal situado ao lado da porta principal do centro. Durante os períodos de lecer, o alumnado organizador de Economía - 4º ESO-B procederán a vender todos os artigos expostos. Non deixedes de visitarnos!

Inauguración da porta de Miguelanxo Prado

O noso instituto desenvolve un programa de salas dedicadas a persoeiros da cultura, da ciencia e da creación, polo que determinadas portas do centro son decoradas con imaxes alusivas a autores/as ou á súa obra. O pasado 11 de novembro de 2022 recibimos a visita do célebre creador de banda deseñada Miguelanxo Prado, que nos acompañou para a inauguración da súa porta, nunha actividade organizada polo EDLG en colaboración coa biblioteca e cos departamentos de Artes Plásticas e Lingua Galega, e co financiamento do programa de Actividades literarias en institutos do Ministerio de Cultura e Deporte.

Para comezar, os grupos de 3º ESO asistiron a unha charla en que o autor falou sobre o seu proceso creativo no mundo da banda deseñada. A continuación, celebrouse o acto de inauguración da porta, que no seu caso é a da cafetaría do instituto. Para finalizar, o autor visitou a nosa biblioteca e obsequiounos coa dedicatoria ilustrada de varias das súas obras.

Campo a través

O pasado venres, 16 de decembro de 2022, o departamento de Educación Física levou o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO ao Parque Deportivo de Acea de Ama para participar na competición de campo a través do programa Xogade, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Atletismo.

Ao reunir alumnado de 1º e 3º de ESO, esta actividade tamén formou parte do Programa TEI (Titoría entre iguais), para establecer vínculos e fomentar a relación entre as parellas de estudantes. 

Campionato multideportivo

O pasado martes, 20 de decembro de 2022, o departamento de Educación Física do IES David Buján organizou un campionato multideportivo. Ao longo de toda a mañá, o alumnado de 1º de bacharelato do noso centro competiu en diversas modalidades deportivas co alumnado do IES Afonso X o Sabio.

Plan director 2022/2023

Nas últimas semanas, o IES David Buján recibiu en diversas ocasións a visita do persoal da Garda Civil encargado de impartir as palestras do Plan Director para a convicencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos deste curso 2022/2023. Trátase de sesións en que profesionais expertos tratan cuestións como o acoso escolar, as adiccións ou a violencia de xénero dunha maneira adecuada á realidade dos centros educativos.

Onte, 22 de decembro de 2022, levouse a cabo a sesión dirixida ao alumnado de 1º de ESO, en que se tratou o tema da ciberseguridade, cun foco moi especial no uso responsábel e consciente das redes sociais.

Visita de 2º de bacharelato a Santiago de Compostela

O luns, 19 de decembro de 2022 o alumnado de 2º de bacharelato visitou Santiago de Compostela, nunha saída organizada polos departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Literatura, Música, Artes Plásticas e Relixión. Nesta ocasión, visitaron espazos tan emblemáticos como o Pórtico da Gloria da catedral ou o Museo do Pobo Galego.

Esta actividade foi subvencionada polo concello de Cambre.

 

RECOMENDACIÓNS E AGASALLOS DE NADAL

Como todos os anos nestas datas, a nosa biblioteca e a comunidade educativa do David Buján en xeral fai pública a súa lista de desexos lectores para este Nadal.  Nela participaron alumnado, profesorado e algunhas familias. O resultado é esta árbore de libros recomendados para ler e agasallar e a presentación que tedes no enlace.  Con eles, queremos desexarvos unhas felices e lectoras vacacións.

 

.

Bo Nadal e feliz chegada do do novo ano 2023

 

 

Bo Nadal e feliz 2023!

O IES DAVID BUJÁN deséxache unhas felices festas e un ventureiro 2023 coa nadaliña gañadora  no concurso do EDLG

 

 

OUTROS GAÑADORES

Alba Prieto Rocha

Candela García Figueira

Ainhoa Pose Zamora

Emma Rodríguez-Trelles Mira

Susana Blanco Araus

Paula Morandeira Martínez

Chloé Rodríguez Fernández

 

Parabéns

Os seus diplomas dixitais

Distribuir contido


by Dr. Radut