Que é?
O Punto Lila xorde no noso centro como unha vía para ofrecer información de forma permanente con temas relacionados co feminismo -entendemos por feminismo a igualdade entre homes e mulleres-.
A quen vai dirixido?
A toda a comunidade educativa que necesite información sobre malas prácticas amorosas, violencia de xénero, grupo LTGBI, acoso…
Como se vai xestionar?
Formaremos un Grupo Lila composto por alumnado e profesorado. A nosa idea é formarnos e formar ao alumnado para que no futuro podamos dar resposta as inquedanzas e dúbidas que poidan xurdir en torno ao feminismo e aos temas indicados anteriormente.
Haberá un buzón no que calquera membro da comunidade poderá pedir cita para facer unha consulta.
Este punto tamén estará aberto a exposicións ou avisos relacionados con este tema.
Animádevos a participar.
As alumnas de 1º bacharelato entrevistaron onte, luns 3 de maio, a Carmen e Elvira. A entrevista transcurreu sobre diversos temas, por suposto a loita contra as drogas, pero tamén Carmen Avendaño fixo fincapé na importancia da movilización das novas xeracións para reivindicar os seus dereitos como mulleres e como traballadoras. Tamén quixo facer constar a importancia da muller na sociedade actual poñendo como exemplo a súa traxectoria na loita social e con todas as institucións socioculturais e mesmo políticas.
A conexión entre as nosas alumnas e a activista foi tan boa que acordaron un novo encontro para xuño. As propias alumnas organizarán o evento para que os seus compañeiros e compañeiras poidan coñecer tamén a Carmen Avendaño e aprender da súa inestimable experiencia e traxectoria.