O pasado 10 de marzo dentro das actividades programadas en conmemoración do 8M Nuria Pahino realizou un obradoiro de xinecoloxía natural co alumnado de 1º de bacharelato.
Onte 8 de marzo, desde o obradoiro de regueifas do noso IES, queremos celebrar o Día Internacional das Mulleres e reivindicar un mundo igualitario e xusto. Aquí dous dos seus alumnos, Mateo e Iago vos deixan a súa regueifa.
O pasado mércores 19 de xaneiro o alumnado de 1º ESO participou nunha obradoiro sobre violencia de xénero no novo contexto dixital da man de Haizea Álvarez.
O pasado xoves 25 de novembro, Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, o alumnado de 1º ESO participou nuns obradoiros organizados por Cruz Vermella para traballar contidos sobre igualdade e violencia machista.
O pasado martes 23 de novembro a Compañía de teatro aAntena veunos presentar o seu espectáculo pedagóxico teatral contra a violencia de xénero Golpes. A obra foi representada pola actriz Estíbaliz Veiga nun espectáculo unipersoal que tivo unha grande acollida polo alumnado de de bacharelato.
O pasado venres 26 de novembro visitounos Iria Vázquez, autora do libro Cómplices. Machismo constucional. Foi unha charla amena e intensa, coa participación do alumnado de 2º de bacharelato.
Grazas, Iria, polo teu feminismo, contundencia e claridade.
Este 25N, ademais das exposcións que levan toda a semana no instituto, quixemos ter un xesto de reivindicación e apoio ás mulleres falecidas e ás súas familias.
Coma sempre, izamos os globos negros en representación de cada unha das vítimas da violencia machista deste ano e iluminamos de morado a entrada ao noso instituto. Expuxemos un rincón de obxectos diversos alusivos ás mulleres (zapatos, teléfono, roupas, fotografías, espello...) en representación da muller ausente. Tamén viñemos vestidas e vestidos de negro e puxemos unhas caretas alusivas á data.
O pasado mércores, 23 de novembro, seguindo coas actividades da semana do 25 N, estivo co alumnado de segundo da ESO, Priscila Retamozo. A coautora de "Comando Igualdade" impartiu un obradoiro sobre a violência de xénero nas redes sociais.
Hoxe, dentro da programación da semana do 25-N contra as violencias machistas, tivemos o pracer de contar con Sara Faro. Voz preciosa, letras a favor da igualdade de xénero, comentarios que ilustran as cancións e nos falan do medo real que sentimos as mulleres pola noite, soas, ou dos espellos que nos torturan por non cadrar nun modelo imposto.
Dexámosvos cunha pequena mostra:
Durante esta semana na entrada do instituto poderedes ver unha exposición de vestidos de papel feitos polo alumnado de 4º ESO na clase de Expresión Plástica. Esta mostra é unha manifestación de rexeitamento á violencia exercida contra a muller.
Ademais, preparamos un recanto de obxectos simbólicos en lembranza das mulleres desaparecidas.
Por último, de modo informativo, colocamos un panel no que diversos códigos QR conducen a diferentes enlaces de interese: películas, documentales, páxinas web...