Skip to Content

MAGOSTÍN

O venres 10 festexaremos o Magostín no centro (celebración conxunta do Magosto e Samaín).

 

Participa o alumnado da ESO.

  • No 1º recreo colleranse os bocadillos de chourizo.
  • No 2º recreo repartiranse as castañas.
  • As clases suspenderanse ás 12:10 para que o alumnado participe nas actividades e estarán custodiados polo profesorado que lles imparta clase.
  • O nome do grupo gañador do concurso de portas terroríficas darase ás 13:00 horas, ó mesmo tempo que o nome do relato terrorífico gañador do concurso de relato curto. 

 

 

Clube lectura

Desde o Equipo de Biblioteca do IES Canido temos como propósito para este novo curso tentar formar un club de lectura dirixido ao profesorado, persoal non docente e familias. A temática que abordaremos centrarase na nosa cidade a través de encontros cos 3 ou 4 escritores propostos, así como coa realización de diferentes rutas literarias. Pensamos que nos poderiamos reunir 1 ou 2 veces á tarde por trimestre. Animámosvos a participar. A xente que desexe facer parte do Club de Lectura Navegantes pódenos escribir ao e-mail marcelarios@iescanido.org, antes do 31 de outubro.

Para máis información, podedes contactar connosco a través do mesmo e-mail, marcelarios@iescanido.org. Recibide un cordial saúdo

Certificacións de competencias lingüísticas curso 2023-2024

Os alumnos matriculados en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou na etapa de Bacharelato poden solicitar a realización dunha proba para certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL). 

Cada alumno poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira (inglés).

Para solicitar a súa participación, os candidatos deben entregar na secretaría do IES  Canido,   con data límite o 31 de outubro de 2023 un compromiso individual de parte da familia que pode ser descargado na web do IES Canido ou solicitado na secretaría.

Plan de Actividades Extraescolares e Complementarias

Premendo no arquivo adxunto podedes consultar o Plan de Actividades Extraescolares e Complementarias para o curso 2023-2024.

Inicio curso

O comezo do curso escolar 2023/24 terá lugar o 11 de setembro as 8.30. A recepción do alumnado realizarase polos titores atendendo ás seguintes indicacións:

  • O grupo ao que pertence cada alumno estará indicado ese mesmo día no taboleiro da entrada do centro.

  • O alumnado de 1º ESO acudirá ao salón de actos do instituto e despois dirixirase á aula correspondente acompañado polos titores.

  • O alumnado de 2º ESO acudirá ao ximnasio e despois dirixirase á aula correspondente acompañado polos titores.

  • O alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º e 2º BACHARELATO acudirá ás súas aulas de referencia.

  • O alumnado da ESO recollerá os libros asignados do fondo e levará un documento que deberá traer asinado e entregalo ao titor na primeira semana de curso. Se houbera algunha incidencia, deberá constar en dito documento.
Distribuir contido


by Dr. Radut