O venres 23 de xuño celebrarase unha Xornada de Portas Abertas na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña. Nela daranse a coñecer as titulacións de grao que se imparten no centro, así como os seus principais laboratorios.
Trátase dunha xornada aberta a todo o público e dirixida especialmente ao futuro alumnado procedente de bacharelato ou de ciclos superiores de FP.
Na documentación adxunta figura os folleto informativo e no enlace se pode acceder ao formulario de inscripción.
A alumna de 1º ESO do noso centro, Salma García Castro gañou o 2º premio de Certame convocado polo Museo de Humor Xaquín Marín (Concello de Fene) e Demo Editorial co traballo presentado con título "A galiña"
O xurado valorou a capacidade de síntese da autora, o uso de humor a través do xogo de palabras e o uso da cor e da metalinguaxe do cómic.
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ , imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023