Skip to Content

FIN DE CURSO

O mércores 22 de xuño, último día do curso,  rematarán as clases ás 13:00.

O alumnado usuario do transporte escolar será atendido no centro ata a hora de saída habitual.

Ese día procederase á recollida do material.  Todo o alumnado beneficiario do fondo de libros deixará os libros de texto  sobre a súa mesa e devolverá os libros da ANPA no salón de actos.

O luns 27 de xuño, entregaranse as cualificacións ás 10:00 nas aulas habituais e tamén serán publicadas en Abalar.

O alumnado que aínda non teña formalizada a matrícula, poderao facer entre o 23 e o 28 de xuño nas seguintes quendas:

23 de xuño: recollida dos impresos de matrícula

27 de xuño: 1º e 2º Bacharelato

28 de xuño: todos os cursos da ESO

O impreso de matrícula pode recollerse en conserxería.

Cando se precisen fotocopias, é necesario traer o orixinal para o cotexo.

EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 1º E 2º DE BACHARELATO

No seguinte enlace pódense consultar os horarios dos exames finais correspondentes á avaliación extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato.

EXAMES XUÑO 2022 1º E 2º BAC

EXAMES PENDENTES 1º BAC

1º BAC:

A entrega de notas terá lugar o luns 27 de xuño ás 10:00 presencialmente e en Abalar.

O período de reclamacións será os días 28 e 29 de xuño.

2º BAC:

A entrega de notas terá lugar o xoves 23 de xuño presencialmente ás 12:00 e en Abalar o 24 de xuño ás 9:00.

O período de reclamacións será os días 27 e 28 de xuño.

 

A matrícula da ABAU formalizarase os días 29 e 30 de xuño.

As probas correspondentes á convocatoria ordinaria da ABAU realizaranse os días 12, 13 e 14 de xullo.

 

EXAMES FINAIS DE PENDENTES DA ESO

No seguinte enlace pódense consultar os horarios dos exames finais de materias pendentes da ESO para aquel alumnado que non as superase durante o curso.

EXAMES MATERIAS PENDENTES ESO

Listaxes admitidos curso 2022-23

As listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o curso 2022-23 publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 9 maio a partir das 13:00.

 

EXAMES FINAIS CONVOCATORIA ORDINARIA 2º BAC MAIO 2022

No seguinte enlace pódense consultar os horarios dos exames finais correspondentes á avaliación ordinaria de 2º de Bacharelato.

EXAMES MAIO 2022 2º BAC

A entrega de notas terá lugar o 18 de maio presencialmente e o 19 de maio en Abalar.

O período de reclamacións será os días 19 e 20 de maio.

A matrícula da ABAU formalizarase os días 19 e 20 de maio.

As probas correspondentes á convocatoria ordinaria da ABAU realizaranse os días 7, 8 e 9 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut