Skip to Content

Matricula

Admisión curso 2024-25 (Listaxe provisional)

Publicadas no taboleiro do centro e na aplicación as listaxes provisionais de admisión.

O prazo para presentar reclamación é de CINCO DÍAS HÁBILES a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

ADMISIÓN CURSO 24-25

Publicadas instrucións (ver anexo) proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024-25. Os aspectos mais destacados son:

1. Prazo de presentación solicitudes:

- de reserva (ED550A): do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

Todas as solicitudes para 1º da ESO resultaron admitidas. 

Todas as persoas que fixeron a solicitude de reserva para 1º de Bacharelato terán que participar no proceso de admisión xa que hai mais solicitudes que vacantes.

- ordinarias de admisión (ED550B): do 1 ao 20 de marzo de 2024

2. Forma de presentación:

  • Electrónica, pola aplicación admisionalumnado
  • Presencial
    • solicitude de reserva (ED550A), no centro no que está matriculado actualmente.
    • solicitude de admisión (ED550B), no centro indicado en primeiro lugar.
    • tanto a solicitude de reserva como a de admisión se poden presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 



ADMISIÓN PARA O CURSO 23-24

Admisión 23-34Entre os días 1 e 20 de marzo (ambos incluídos) está aberto o prazo para presentar a solicitude de admisión .

A normativa ven recollida no Decreto 13/2022 e na orde Orde do 21 de outubro de 2022 e na aplicación admisiónalumnado está toda a información do proceso.

O impreso de admisión (ED550B-galego)  (ED550B-castelán) poden descargalo e entregalo por sede electrónica ou no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A documentación complementaria que se pode adxuntar está recollida no documento.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365.

Reserva de praza

RESERVA PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

O prazo de solicitudes e do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos. 

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro adscrito, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar presencialmente ou a través da aplicación admisionalumnado o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde. 

Este formulario será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Adxúntase nesta entrada. 

A presentación das solicitudes e a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da antedita aplicación. 

 Lembramos que os nosos centros adscrito son o CEIP "A Laxe" e o Colexio Valle-Inclán.

Distribuir contido


by Dr. Radut