Skip to Content

Reserva de praza

RESERVA PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

O prazo de solicitudes e do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos. 

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro adscrito, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar presencialmente ou a través da aplicación admisionalumnado o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde. 

Este formulario será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Adxúntase nesta entrada. 

A presentación das solicitudes e a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da antedita aplicación. 

 Lembramos que os nosos centros adscrito son o CEIP "A Laxe" e o Colexio Valle-Inclán.



page | by Dr. Radut