O panorama actual que se observa na nosa sociedade e no noso centro educativo, crea a necesidade de que os adultos teñamos un amplo coñecemento do uso adecuado das novas tecnoloxías e das redes sociais para poder ensinarllo aos máis novos.
A continuación aparecen os enlaces a tres guías moi interesantes e esclarecedoras con contidos e recursos que nos permitirán educar dunha maneira óptima aos rapaces e rapazas neste ámbito.
Se estás en Bacharelato e non tes claro o grado que queres estudar cando remates, podes realizar algúns dos seguintes test de orientación académica para universitarios:
Universitat Abat Oliva. Este test clasifica aos estudantes segundo o seu carácter e aficións. Concretamente distingue entre seis perfiles: realista, investigador, empresarial, artístico, convencional e social.
Universidad Politécnica de Madrid.A finalidade do test é indicar que grado (de dita universidade) se axusta mellor ao perfil de cada candidato.
Psicoactiva. Trátase dun test moi completo que ten un custo de 4’75 euros. Céntrase tanto no futuro universitario como nas expectativas laborais.
Elegircarrera.net. Nesta páxina especializada na orientación universitaria atoparás diversos tests: un xeral, outro centrado en ciencias, outro en economía, outro en educación, outro en enxeñería, etc. Axusta as necesidades de perfiles moi diversos.
No seguinte enlace atoparás información sobre ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL actualizada (ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Universidade, Ensinanzas artísticas...). Podes buscar datos sobre matrículas, becas, itinerarios formativos...
Se o necesitas, realiza os CUESTIONARIOS para coñecer as mellores opcións educativas segundo as túas cualidades e intereses.