PROXECTO ERASMUS+
“ UPCYCLING LIVES”
O IES Canido, durante este curso e o que vén, por iniciativa do departamento de inglés, está a participar nun proxecto Erasmus+ chamado “UpcyclingLives”.
“ Upcycling Lives” é un proxecto baseado na necesidade de cambiar os nosos hábitos de vida para contribuír ao coidado e mellora do medio ambiente. O traballo, basicamente, consiste en dar unha segunda vida a obxectos inservibles para reducir a cantidade de lixo que xera o noso consumista tipo de vida actual.
A parte máis atractiva para os alumnos/ as é que lles dará a oportunidade de viaxar durante 7-9 días a un país europeo para atoparse con mozos doutros países e realizar actividades conxuntas relacionadas co proxecto. Vai permitir poñer en práctica o inglés, coñecer outras culturas, profundar no coñecemento do medio ambiente, e aprender a traballar e viaxar en grupo mellorando as súas competencias sociais.
As viaxes planificadas para o próximo curso académico (2022-2023) serán:
-
Giresun, no norte de Turquía (outubro2022),probablemente con parada en Istambul para coñecer o que de tempo.
-
Bierun, en Polonia a 100 km de Cracovia (marzo2023).
O custo da viaxe para os alumnos/ as interesados inicialmente é de 0 €. No caso de que a subvención coa que conta o centro para este proxecto non sexa suficiente, podería solicitarse unha pequena axuda económica ás familias. Dita axuda en ningún caso será superior a 200 €. Isto dependerá dos prezos do momento (avión, aloxamento...).
Traballo no centro: os alumnos/as participantes terán que reunirse no centro para traballar unha tarde ao mes ata as 18:00 ou 19:00; e algunha reunión puntual nalgún recreo.
É interesante que os nenos se comprometan e sexan responsables para sacar o máximo partido á súa participación.
Tras realizar a viaxe, os rapaces teñen que seguir comprometidos co proxecto de modo que non poderán darse de baixa. En caso de abandonalo, terán que abonar a metade do custo da viaxe que realizaron.
Xa que é un proxecto que dura dous cursos e está dirixido a alumnos de 4º da ESO, os alumnos que actualmente están en 3º da ESO van ter a posibilidade de participar o curso que vén.
O vindeiro luns presentarémoslles ao alumndado, o proxecto para que o coñezan. Aos estudantes que estean realmente interesados en participar, pedirémoslles que elaboren un obxecto reciclado para presentalo antes do 1 de abril.
Se o seu fillo/para está interesado/a en participar, gustaríanos que contactasen coa coordinadora do proxecto ( Maca Torres – profesora de inglés).
Cara a finais do presente curso académico (maio ou xuño), faremos unha reunión presencial no centro para informarvos dos alumnos que foron seleccionados para viaxar a Turquía e dos que foron seleccionados para viaxar a Polonia.
Se teñen algunha pregunta, poden localizar á coordinadora do proxecto ( Maca Torres) no teléfono do instituto polas mañás (881 938 230).
Moitas grazas por interesarse polo proxecto. Desexamos que o seu fillo/a anímese a participar.
Saúdos
María del Carmen Torres Rodríguez (Maca)
(Coordinadora do proxecto)