Skip to Content

blogue demaikelhernandez

Eleccións ao Consello Escolar

Con motivo da convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, os censos correspondentes aos diferentes colectivos están publicados no recibidor do instituto. O período de reclamacións ao censo prolongarase ata o 6 de novembro, e o prazo de presentación de candidaturas será do 30 de outubro ao 8 de novembro. A presentación de candidaturas pode facerse empregando o impreso dispoñible na secretaría do centro.

 

Magosto no noso instituto

O vindeiro día 30 de outubro mércores celebramos  o Magosto no noso instituto. Como é tradición a rapazada de 4º da ESO encárgase da venda do pan con chourizo ou das castañas. Todos os cartos que recaden serán para a súa viaxe de fin de curso. A partir de hoxe e ata o luns 28 o alumnado pode traer os cartos (1´80 castañas e auga e 2 euros pan con chourizo e auga) e quedarán apuntados nunha lista para recoller os seus pedidos o mércores.

Entrevista a Daniel Regueiro Sánchez, exalumno deste instituto en Radio FilispiM, na sección Unha tarde no muíño

O pasado luns día 7 de outubro, o exmestre do noso instituto, Rafael Rodríguez, fíxolle unha entrevista a Daniel Regueiro Sánchez, exalumno deste instituto en Radio FilispiM, na sección Unha tarde no muíño, radio que emite dende o centro cívico de Canido. A razón desta entrevista foi que Daniel comezou a traballar na empresa Nervión, nunha das súas filiales, a de As Somozas, que fabrica palas para os muíños eólicos.

Pero o relevante é que Daniel , puido acceder ao posto de traballo a pesar da discapacidade que o viña limitando profesionalmente ata agora, como ao resto das persoas na súa situación.

Enlace ao podcast: audio de iVoox! Unha tarde no Muiño 205 https://go.ivoox.com/rf/134583046

 

 

 

 

Sorteo público para a designación dos membros de Xunta Electoral do Consello Escolar

De acordo coa normativa que regula o calendario para a celebración de eleccións dos Consellos Escolares, comunícase que o próximo venres 18 de outubro ás 11:30 terá lugar o sorteo público para a designación dos membros de Xunta Electoral. Nese sorteo elixiranse un profesor ou profesora, un pai, nai ou titor legal, unha persoa representante do PAS e un alumno ou alumna do centro, cos seus respectivos suplentes.

Inicio do curso

O comezo do curso escolar 2024/25 terá lugar o mércores 11 de setembro ás 8.30. 

O horario lectivo do día será o habitual, de 8:30 a 14:10.

Distribuir contido


by Dr. Radut