O pasado 3 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311E).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 16 de agosto de 2023 e rematará o día 15 de setembro de 2023.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E.
Lémbrase que se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante e, no caso dos centros que non empregan a aplicación XADE, acreditar dita representación por calquera medio válido en dereito.
Información sobre os premios