O pasado mércores día 21 de febreiro o profesor Jose Luis López acompañou ó alumnado de Latín e Grego a dúas representacións de obras clásicas no Teatro Colón da Coruña: a traxedia "Agamenón" de Esquilo e a comedia "Persa" de Plauto, no cadro do XXIV Festival de Teatro Grecolatino. Aproveitaron a viaxe para visitar o Museo Arqueolóxico e Histórico, no Castelo de San Antón. Esta saída coordinada dende o departamento de Latín foi,dende logo, tempo ben aproveitado.