Skip to Content

blogue decrisfbravo

Excursión fin de curso 1º e 2º ESO. 2024

Onte o noso alumnado de 1º e 2º da ESO desafiou á chuvia e pasaron a mañá en Pontedeume, na  praia da Magdalena facendo unha ruta de sendeirismo , Kayak e mesmo probaron o Dragon Boat! Unha mañá de aventura que pon o broche final a este curso escolar 2023/24. 

Calendario matrícula curso 2024/2025

-Xoves 27 xuño: 2º ESO

-Venres 28 xuño: 3º ESO

-Luns 1 xullo: 4º ESO

-Martes 2 xullo: 2º BACH

-Mércores 3 xullo:1º ESO

-Xoves 4 xullo:1º BACH

Calendario fin de curso 2024: convocatoria final da ESO e extraordinaria 1º Bach

-Venres 21 de xuño: 

  • Entrega por parte do alumnado da ESO dos libros de texto do Fondo de Libros ( cada un os deixará na súa aula de referencia ó remate da xornada lectiva)
  • Devolución dos libros do ANPA de 11:00 a 14:00 horas no local do ANPA. 

-Mércores 26 de xuño: entrega de notas polos titores nas aulas de referencia ás 10:00 H ( Convocatoria final da ESO e extraordinaria de 1º de Bach) 

-Xoves 27 e venres 28 de xuño: prazo de reclamacións ás cualificacións. 

II Torneo de xadrez rápido IES Canido 2024

Finalizado o II torneo de xadrez rápido IES Canido coa participación de 37 membros da comunidade educativa do centro. Proclamouse campión, por segundo ano consecutivo, Pablo Rodríguez de 2º de Bacharelato, Aday Neira de 4º da ESO foi o subcampión, Maikel Hernández, do departamento de matemáticas, no terceiro posto e Iker Marcial de 1º de Bacharelato no cuarto lugar.

Os finalistas recibiron como premio o libro “Curso completo de xadrez” do Gran Mestre e 8 veces campión de España Miguel Illescas, con dedicatoria do autor aos premiados. Parabén aos participantes e en especial aos finalistas.

Entrega de premios Concurso Odisea 2024

O pasado xoves día 13 de xuño, tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía de Santiago, a entrega de premios do Concurso Odisea 2024. Alí, premiaron a marabillosa actuación das nosas alumnas Alba Fornos, Andrea Lourido e Ángela Monteagudo de 1º de Bacharelato, que estiveron acompañadas polo seu porfesor de Latín, José Luis López. Parabéns polo voso bó facer e entusiasmo!

Distribuir contido


by Dr. Radut