Skip to Content

Xincana IES Canido 2024

 

Aquí tedes algunhas imaxes da Xincana que tivo lugar o 22 de marzo no IES Canido. O alumnado de 1º e 2º da ESO recorreu coa axuda dun mapa un percorrido de postos con retos e probas que foron superando traballando en equipo. Moitas grazas a Lidia Beceiro, pola coordinación da actividade, dos departamentos didácticos que colaboraron deseñando ditas probas, o profesorado vixiante, o persoal de conserxería e ó alumnado axudante de 3º da ESO, que gustoulle tanto a actividade que queren deseñar a vindeira edición. ¡Estamos desexando que así sexa!

 

Visita do Racing de Ferrol

CamisetaO martes 2 de abril visitáronnos  Josep Señé, Cubero i Emilio Bernad, xogadores do Racing de Ferrol. 

No enlace podedes ver un vídeo que colgaron nas redes. 

Contestaron a todas as preguntas que se lles fixeron e asinaron moitas cousas. Estiveron magníficos.

E deixáronnos un regalo, unha camiseta co 9 a nome do instituto. 

Grazas e 

OPA RACING!!!!!

BECAS MEC CURSO 24/25

Xa se pode solicitar beca MEC para o curso 24-25.

1º Esta beca pode ser solicitada por alumnado que no curso 24-25 curse:

    • Bacharelato
    • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grado medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
    • Formación profesional de grao medio e de grao superior
    • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
    • Ensinanzas de idiomas en escolas oficiais, incluída a modalidade a distancia
    • Ensinanzas deportivas
    • Estudos relixiosos superiores
    • Formación profesional de grao básico
    • Ensino universitario: graos, mestrado...

2º Lugar de presentación: Sede electrónica.

3º O prazo de presentación: 19 marzo ao 10 de maio ás 15:00.

Pódese atopar esta información ampliada no documento e mais información no enlace.

 

 

 

 

Infografías 8M

O alumnado de 4º da ESO elaborou estas infografías para celebrar a conmemoración do 8M, día internacional da muller. Fixeron estos vistosos deseños coa axuda da profesora María Estraviz nas aulas de TIC. Bo traballo! Podedes ver as obras orixinais expostas no hall de entrada do IES Canido. 

Gañadores da fase previa do Club de debate Alingua.

Aquí tedes ós dous equipos gañadores da fase previa do Club de debate Alingua, que tivo lugar o pasado 28 de febreiro en Santa Comba. Grazas ó traballo e orientación das súas profesoras Carmen Cuesta, Victoria Mosquera e Marcela Ríos, un dos nosos equipos quedou cuarto e o outro,vencedor. O IES Canido destacou nesta fase previa que versaba sobre se se deben prohibir os móbiles nos institutos.

En la imagen, los alumnos de los dos equipos del IES Canido que participaron en el Club de Debate Alingua

Na imaxe, temos ó equipo gañador que pelexará pola final: Clara Barja, Raúl Barragán, Laura Castro, Denisse García, Ángela Monteagudo, Eva e Lola Monteiro, Andrea Sánchez e Lida Suoniemi. Na mesma fotografía, as profesoras coordinadoras da actividade e mais os alumnos gañadores do cuarto posto: Irene García de Aguiar, Mateo Inglés, María Martín, Jorge Momán, Ainara Montoya, Hugo Pita, Noel Ramos, Ladislau Rodríguez, Aroa Rodríguez e Adriana Suárez.Parabéns a todos e todas!

 

Link ó artigo da Voz de Galicia

Link ó artido do Diario de Ferrol

Distribuir contido


by Dr. Radut