Skip to Content

Entrega dos premios Carmela Loureiro

O pasado sábado 6 de xullo  celebrouse na Capela do centro cultural Torrente Ballester a entrega dos premios da

X Edición do Certame Literario Carmela Loureiro, parabens a todos os premiados e moi especialmente a:

Antía Fernández: Primeiro Premio na categoría de microrrelato por “Segunda Estrela á Dereita”

Diego Sánchez de Toca: Primeiro Premio en microteatro por “A fábrica química”

Andrea Paz: Accesit en micropoesía por “ A Mirada”

                 

Horario de atención ao público no mes de xullo

Horario de atención ao público no mes de xullo 

Semana do 1 ao 5 de xullo: de 9:00 a 14:00

a partir do 8 de xullo  e ata o 31 de xullo: de 10:00 a 13:00

 

 

Excursión fin de curso 1º e 2º ESO. 2024

Onte o noso alumnado de 1º e 2º da ESO desafiou á chuvia e pasaron a mañá en Pontedeume, na  praia da Magdalena facendo unha ruta de sendeirismo , Kayak e mesmo probaron o Dragon Boat! Unha mañá de aventura que pon o broche final a este curso escolar 2023/24. 

Calendario matrícula curso 2024/2025

-Xoves 27 xuño: 2º ESO

-Venres 28 xuño: 3º ESO

-Luns 1 xullo: 4º ESO

-Martes 2 xullo: 2º BACH

-Mércores 3 xullo:1º ESO

-Xoves 4 xullo:1º BACH

Calendario fin de curso 2024: convocatoria final da ESO e extraordinaria 1º Bach

-Venres 21 de xuño: 

  • Entrega por parte do alumnado da ESO dos libros de texto do Fondo de Libros ( cada un os deixará na súa aula de referencia ó remate da xornada lectiva)
  • Devolución dos libros do ANPA de 11:00 a 14:00 horas no local do ANPA. 

-Mércores 26 de xuño: entrega de notas polos titores nas aulas de referencia ás 10:00 H ( Convocatoria final da ESO e extraordinaria de 1º de Bach) 

-Xoves 27 e venres 28 de xuño: prazo de reclamacións ás cualificacións. 

Distribuir contido


by Dr. Radut