Skip to Content

Información do ANPA do IES Canido

A ANPA do IES Canido estará aberta o mércores día 11 de setembro en horario de 8:30 a 11:00 para inscrición de novos socios e entrega de libros.

 

O venres día 13 en horario de 8:30 a 11:30 a ANPA entregará os libros dos que dispón de 1º e 3º de ESO.

 

Así mesmo comunícase que non se dispón de libros de 4º de ESO nin de 2º de ESO, soamente o libro de música. Un saúdo

Centro IES Canido pechado no mes de agosto

 

Durante o mes de agosto o centro IES Canido permanecerá pechado. Para calquera xestión ou consulta de carácter urxente é posible contactarnos na nosa dirección de email: ies.canido@edu.xunta.gal

Moción do pleno do concello de Ferrol polos recortes de profesorado no IES Canido

O pleno municipal do concello de Ferrol debatiu onte unha moción do grupo municipal do BNG relativa aos recortes educativos que a Xunta de Galicia pretende levar a cabo no IES Canido e no IES Ferrol Vello e que, no noso caso, suporían a perda de 2 docentes para o vindeiro curso. Na imaxe aparece o director do IES Ferrol Vello, Francisco González, expoñendo os recortes nos dous centros. 

Deixamos enlace o texto da moción, o audio do debate no pleno e a repercusión nos medios de comunicación.

Enlace debate pleno: 

https://www.youtube.com/live/uJm3soebaBg?si=Iyg721xjB_Exb3jv&t=14128

Diario de Ferrol: 

https://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/institutos-canido-ferrol-vello-rechazan-reduccion-cuerpo-docente-4945805

 

 

Listaxes provisionais do fondo de libros e vales de material dispoñibles na secretaría

As familias poden consultar as listaxes provisionais do fondo de libros de maneira telemática no caso de que fixesen a solicitude dese xeito ou  presencialmente na secretaría do instituto de 10:00 a 13:00 a partir de maña 12 de xullo.

As reclamacións ás listaxes provisionais poderán presentarse ata o martes 16 de xullo.

 

Os vales de material tamén poderán ser recollidos en secretaría.

Distribuir contido


by Dr. Radut