Os alumnos matriculados en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou na etapa de Bacharelato poden solicitar a realización dunha proba para certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL).
Cada alumno poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira (inglés).
Para solicitar a súa participación, os candidatos deben entregar na secretaría do IES Canido, con data límite o 31 de outubro de 2023 un compromiso individual de parte da familia que pode ser descargado na web do IES Canido ou solicitado na secretaría.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
compromiso familia.pdf | 526.88 KB |