Skip to Content

Novas

Interpretando a poesía...

Adxuntamos unha seleción dos traballos realizados polo alumnado de 2ºESO.

Visita a Santiago

 

No mes de xaneiro o alumnado de 1ºESO e 4ºESO asistiu en Santiago a unha actividade organizada polo departamento de galego e EDLG. En primeiro lugar visitaron na Cidade da Cultura a exposición sobre Castelao “Castelao Maxistral”. Despois, o alumnado de 4ºESO acudiu a San Domingos de Bonaval para ver e experimentar a exposición “Alba de Gloria” que recrea e explica o coñecido discurso de Castelao, o último que daría o célebre autor e intelectual de Rianxo. Mentras tanto o alumnado de 1ºESO fixo unha visita guiada polo casco antigo de Santiago acompañado da profesora Cristina Anido.Por último, o alumnado de 4ºESO participou nun obradoiro de regueifas no museo do Pobo Galego e o alumnado de 1ºESO nun obradoiro de oficios.

Contra a violencia de xénero.

Estas últimas semanas o alumnado do centro tinguiu de negro e violeta o centro en contra da violencia de xénero.

GAÑADORES DO CONCURSO CONTOS DE MEDO 2018

 

Este ano o xurado formado por alumnado de 4ºESO do Equipo de Dinamización da Lingua Galega tivo moitas dificultade para elexir o gañador do concurso de Contos de Medo.

 Alumnado do Equipo reunido

 

CATEGORÍA A: 1ºESO/2ºESO

 

1ºPREMIO: Saúl Avilés Caramés (1ºESOA)

2º PREMIO: Iker Martinez Regueira (1ºESOB)

3º PREMIO: Melany Olenka Ballón Soles (2ºESO A)

 

CATEGORÍA C: BACH./ CICLOS FP

 

1ºPREMIO: Zayra García Rodriguez (1ºBACH.C)

 

Moitas grazas a todo ao alumnado que participou no concurso.

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: “E Hawking dixo, fágase a luz”,

O día 6 de novembro celebramos o día da Ciencia en Galego, no departamento de Física e Química, coa charla impartida por Alejandro Vilar López “E Hawking dixo, fágase a luz”, para 2º de Bacharelato. Él é membro do IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías), da USC de Santiago de Compostela.

Grazas a que  dito instituto foi premiado co nomeamento de “unidade de excelencia María de Maeztu”, dotado económicamente, teñen o compromiso de divulgar nos centros de ensino secundario ás investigación e proxectos que realizan. Desta maneira celebran igualmente a semana da Ciencia durante este mes de novembro.

En primeiro lugar falou da actividade científica do instituto onde traballan en Física de Partículas Experimental, Astropartículas, Física nuclear, Fenomenoloxía da Física de Partículas e Física Teórica de Altas Enerxías.

Falounos da Cosmoloxía, que é unha ciencia do século XX que estudia o Universo no seu conxunto, dende a Física. Con esta ciencia, que abarca 100 anos, pretende explicar a historia do Universo de 13 mil millóns de anos. Citou diferentes científicos do século XX que contribuíron ao estudio da Cosmoloxía, como Einstein, Hoyle que introduxo o término de BigBang, despois Hawking demostrou que a teoría especial da relatividade de Einstein explicaba esta singularidade, de que toda a materia podría estar concentrada nun momento dado nun só punto. Este evolucionou mediante unha rápida expansión ao noso actual Universo,…teoría da Inflación que xurdíu no 1980.Enfin….fíxonos reflexionar sobre as novas teorías do Universo.

(Dpto.de Física e Química)

 

 

OBRADOIRO SAMAÍN

Estas dúas últimas semanas un grupo de alumnos e alumnas acompañados por varias profesoras do centro realizaron os luns a mediodía un gran traballo de ambientación do centro para celebrar o Samaín. 

Este traballo foi dirixido por Malena Sánchez Barreiro , gran colaboradora nas actividades do centro.

     

INTERPRETANDO A POESÍA

 

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos promocionar a poesía en galego para o noso alumnado de 2ºESO. Cada semana publicaremos un poema no taboleiro de dinamización e no noso blog "Sae da cuncha" . A temática será sempre o amor ou o mar. Ao final de cada trimestre publicaremos as mellores interpretacións.

CONCURSO CONTOS DE MEDO PARA SAMAÍN

Entrega de Premios do Certame Alberto Romasanta

O 16 de maio tivo lugar no noso centro a XXIV entrega dos premios do certame literario "Alberto Romasanta" que convocamos cada ano os dous institutos de Noia.


Nesta ocasión fixemos unha pequena homenaxe á figura de María Victoria Moreno e tivemos a sorte de contar como artista convidado a Cándido Pazó, que nos contou preciosas e divertidas historias relacionadas co mundo do mar.

Distribuir contido


by Dr. Radut