Skip to Content

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: “E Hawking dixo, fágase a luz”,

O día 6 de novembro celebramos o día da Ciencia en Galego, no departamento de Física e Química, coa charla impartida por Alejandro Vilar López “E Hawking dixo, fágase a luz”, para 2º de Bacharelato. Él é membro do IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías), da USC de Santiago de Compostela.

Grazas a que  dito instituto foi premiado co nomeamento de “unidade de excelencia María de Maeztu”, dotado económicamente, teñen o compromiso de divulgar nos centros de ensino secundario ás investigación e proxectos que realizan. Desta maneira celebran igualmente a semana da Ciencia durante este mes de novembro.

En primeiro lugar falou da actividade científica do instituto onde traballan en Física de Partículas Experimental, Astropartículas, Física nuclear, Fenomenoloxía da Física de Partículas e Física Teórica de Altas Enerxías.

Falounos da Cosmoloxía, que é unha ciencia do século XX que estudia o Universo no seu conxunto, dende a Física. Con esta ciencia, que abarca 100 anos, pretende explicar a historia do Universo de 13 mil millóns de anos. Citou diferentes científicos do século XX que contribuíron ao estudio da Cosmoloxía, como Einstein, Hoyle que introduxo o término de BigBang, despois Hawking demostrou que a teoría especial da relatividade de Einstein explicaba esta singularidade, de que toda a materia podría estar concentrada nun momento dado nun só punto. Este evolucionou mediante unha rápida expansión ao noso actual Universo,…teoría da Inflación que xurdíu no 1980.Enfin….fíxonos reflexionar sobre as novas teorías do Universo.

(Dpto.de Física e Química)

 

 



page | by Dr. Radut