Acto de entrega do emblema de centro Pluribach, celebrado o mércores 15 novembro na "Cidade da Cultura"
Coa presenza do Conselleiro de Educación e coa asistencia por parte do centro de Marga García (Secretaria), Manuel Torres (profesor de materia pluribah) e Aurora Mato (coordinadora CLIL).
Tivo lugar unha mesa redonda coa intervención de Manuel Torres dando a súa opinión sobre as vantaxes de ser centro Pluribah e sobre aspectos da materia de IMAX de 2º Bach.
Aquí tedes os horarios das presentacións de cada curso.
O Venres 15 de setembro son as presentacións de ESO e BACHARELATO, os autobuses comezarán a recoller alumnado de ESO nas paradas ás 11:30 h. A saída dende o instituto será as 13:00 h.
O Luns 18 de setembro, as clases de ESO e BACHARELATO comezarán e rematarán no horario habitual e o transporte terá horario normal.
Como todos os anos, aquí tedes a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato. Están dirixidos aos recentísimos graduados que acadastes unha nota media igual ou superior a 8'75. Tedes de prazo ata o día 5 de xuño.
Non o vexades imposible, pois danse 20 premios de 1000 €. Ánimo.
O venres día 22 de abril tivemos o pracer de disfrutar coa charla que deu no noso centro o profesor e escritor Manuel Portas. O acto estivo enmarcado dentro do programa de actividades que o IES organiza con motivo do "Mes Cultural" e foi organizado por Normalización Linguística en colaboración co departamento de "Xeografia e Hª".
O mes cultural "Do libro ás letras" que organiza o EDLG do centro en colaboración coa Biblioteca terá lugar este ano, do 15 de Abril ao 26 de Maio. Se desexas ver o programa de actividades, preme no seu cartel.
A Rede Solidaria do centro, xunto co Obradoiro de Cine, vóltanse a presentar ao concurso CLIPMETRAXES que gañaron o ano pasado. Moita sorte nesta nova edición!!!