Skip to Content

Novas

Premios do Concurso de Relatos "AMAR O MAR"

Aproveitando as xornadas de portas abertas o 16 de Febreiro fíxose un acto de acollida do alumnado de Primaria do CEIP Plurilingüe Rodríguez Cadarso da Barquiña que se aproveitou para celebrar a entrega dos premios correspondentes ao concurso de relatos que organizamos conxuntamente entre os dous Equipos de Dinamización da Lingua e da Biblioteca, así como as direccións de ambos centros.

O xurado estaba composto por profesorado de cada centro, e os relatos estaban repartidos nos niveis de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Durante o acto houbo intervencións musicais de alumnado dos dous centros, así como recitado de poemas e cancións por parte de alumnado da EBI, e lectura dos relatos premiados, converténdose así nun interesante evento interxeracional.


Relación de premiados

6º de Primaria:

Lucas Pardo Túñez por "María e o mar"

Antón Palacios Sánchez por "O meu amigo o mar"

1º e 2º ciclo de ESO:

Sofía Isabel Marcano de 2º ESO por "Nostalxia"

Paula Places Horta de 3º ESO por "Ondas amargas"

Bacharelato e Ciclos:

María Creo Rodríguez de 2º BAC (sen título)

Yaiza Collazo Lojo de 1º Admon e Finanzas por "Amor polo mar"

ENTROIDO 2018

O VENRES 9 DE FEBREIRO celebraremos o noso entroido no ximnasio do instituto. Teremos desfile, concurso de disfraces, chocolate e orellas para todos e todas.

O  horario será de 08:45 a 13:15 horas.

Os AUTOBUSES sairán ás 13:15 horas.

Voltaremos ás aulas o XOVES 15 DE FEBREIRO.

DISFRUTADE DAS FESTAS!!

entroido

Xornadas de portas abertas

Agardamos a vosa visita durante as Xornadas de Portas Abertas que celebraremos durante a semana do luns 26 de febreiro ao venres 2 de marzo, de 16:20 a 19:00 horas.

Teremos a oportunidade de coñecernos, amosar as nosas instalacións, a oferta educativa, as actividades e programas complementarios, programas formativos...

ACHÉGATE A COÑECERNOS!

Podes consultar a nosa oferta educativa para o curso 2018-2019 no apartado de "Información Oficial", dentro da sección O Centro.

1º Premio Miguel Hernández

O venres 26 de xaneiro foi entregado o 1º premio Miguel Hernández da convocatoria 2017 ao noso centro, polo proxecto "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca".

Este premio, de ámbito estatal, ten como finalidade apoiar e difundir boas prácticas e experiencias de aprendizaxe ao longo da vida.

Podes ver fotos do acto de entrega picando na imaxe, e consultar información máis detallada no seguinte enlace:

Premio Miguel Hernández

Concurso de contos AMAR o MAR

Concurso de contos de amor relacionados co mar "Amar o Mar".

Convocado e organizado polo EDLG e Biblioteca do IES Campo de San Alberto e o CEIP Plurilingüe A. Rodríguez Cadarso.

Prazo de entrega: ata o venres 2 de febreiro de 2018.

Podes consultar as bases no seguinte enlace:

Bases do concurso "Amar o Mar"

Erasmus+: Xornada Informativa

­­­­­

O día 15 de xaneiro, na Cidade da Cultura, tivo lugar unha Xornada Informativa sobre o programa europeo Erasmus+, organizada pola Secretaría Xeral de Cultura en colaboración co SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización da Educación).

O noso compañeiro Suso Montero foi elexido, unha vez máis, para representar ao IES Campo de San Alberto como exemplo de boas prácticas e, en representación do equipo que traballou con él durante máis de 10 anos (Mariela Dosil, Amalia Pérez e Juan Rodríguez), falou sobre os cinco proxectos implementados neste período, xa que catro deles acadaron nominacións como exemplos de "Boas prácticas", como "Historia de Éxito", como "Proxecto Estrela" da Comisión Europea e, no caso do derradeiro Erasmus+ "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca" o premio Miguel Hernández de innovación pedagóxica, o máis importante concedido polo MECD na súa categoría.

Ademáis, o documental "Cruzar a fronteira" foi presentado o pasado sábado día 13 de febreiro na Casa da Cultura de Portosín, cun notable éxito entre o público.

Prazo de matrícula en módulos 2 e 4 da ESA

Aberto o prazo de matrícula nos módulos 2 e 4 da Ensinanza Secundaria de Adultos (ESA): do 9 de xaneiro ata o 16 de xaneiro (para alumnado de nova incorporación).

Pódese solicitar o sobre de matrícula nas dependencias administrativas do centro.

A presentación do novo alumnado será o venres 9 de febreiro, 16:30 h.

As clases nestes módulos comezarán o xoves 15 de febreiro.

VACACIÓNS DE NADAL

O XOVES 21 DE DECEMBRO comezamos as vacacións de Nadal.

Voltaremos de novo ás aulas o LUNS 8 DE XANEIRO DE 2018.

O horario do día 21 de decembro será de 08:45 a 13:15 horas.

Os AUTOBUSES sairán do centro ás 13:15 horas.

 

O IES CAMPO DE SAN ALBERTO DESÉXAVOS

UNHAS BOAS VACACIÓNS E PRÓSPERO ANINOVO

 

Acto de homenaxe por xubilación de Julio Caamaño

A comunidade educativa do IES Campo de San Alberto levou a cabo un acto de recoñecemento a Julio Caamaño, que fora o seu director durante 13 anos, con motivo da súa xubilación.

O centro aproveitou ó acto para presentar o numéro 8 da revista "Entrepontes".

Pódese ver un vídeo do acto picando na imaxe.

AbalarMóbil

Toda a información académica dos vosos fillos no móbil:

https://lh3.googleusercontent.com/uY6wnj1ejgfk6o7VcmZCnnduipQPe1F2PiW8gvdZTCnK6sHhu57cig5bM24GJg3C2g=w300

Distribuir contido


by Dr. Radut