Skip to Content

EPA (Adultos)

Prazo de matrícula en módulos 2 e 4 da ESA

Aberto o prazo de matrícula nos módulos 2 e 4 da Ensinanza Secundaria de Adultos (ESA): do 9 de xaneiro ata o 16 de xaneiro (para alumnado de nova incorporación).

Pódese solicitar o sobre de matrícula nas dependencias administrativas do centro.

A presentación do novo alumnado será o venres 9 de febreiro, 16:30 h.

As clases nestes módulos comezarán o xoves 15 de febreiro.

30 anos enriquecendo vidas, abrindo mentes

30 aniversario do programa Erasmus+

O noso compañeiro e profesor das Ensinanzas de Adultos, Suso Montero, participou na mesa de coordinadores de proxectos Erasmus+ para explicar ¿Cómo nos organizamos para participar en Erasmus+?.

Ao acto, celebrado en Albacete o pasado luns 9 de outubro, asistiron un centenar de coordinadores así como representantes do MEC, do SEPIE, da Comisión Europea e de diferentes comunidades autónomas.

Unha vez máis, o noso centro foi elixido coma exemplo de boas prácticas en proxectos europeos no sector da Educación de Adultos.

PRIMEIRO PREMIO MIGUEL HERNÁNDEZ INNOVACIÓN PEDAGÓXICA 2017

ANIMÁDEVOS A VERNOS!!!

Historia de éxito

Guay Outro novo galardón para o noso Centro. E esta vez, outorgado pola Comisión Europea! Guay

Noraboa aos participantes no proxecto Grundtvig "Once upon a time... in Europe" e, por extensión, a toda a comunidade educativa do IES "Campo de San Alberto".

O proxecto, no que participaron mais de 400 persoas de nove países (Portugal, Grecia, Italia, Polonia, Dinamarca, Croacia, Turquía e Islandia) foi  escollido por un panel de  expertos da  Dirección Xeral para a Educación e a Cultura da Comisión Europea con sede en Bruxelas como “Historia de éxito”.

O financiamento correu a cargo do Programa de Aprendizaxe Permanente e estivo coordinado polo noso Centro   

“As HISTORIAS  DE ÉXITO” son proxectos xa rematados que se distinguen  polo  impacto, contribución, resultados innovadores e enfoque creativo e que poden ser considerados como fontes de inspiración para outras institucións ou centros educativos con oferta  formativa similar.

Un proxecto que  alcanza este galardón faino despois de ter pasado por un proceso de selección dacordo con rigurosos criterios de calidade, relevancia e resultados.

Antes da selección por parte da Comisión Europea,“Once a Time in... Europe”, foi seleccionado como “PROXECTO ESTRELLA” a nivel nacional polo SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización da Educación).

http://users.sch.gr/Vigklas/2012_2014/index.html

Profesorado participante no proxecto (Xesús Vila, Suso Montero, Mariela Dosil, Amalia Pérez e Juan Rodríguez), acompañado da alumna Leticia González.

Recortes de prensa recollendo a nova (preme neles se queres ler os textos).

Distribuir contido


by Dr. Radut