XII Seminario nacional de atención educativa ao alumnado inmigrante, celebrado en Santiago os días 9 e 10 de novembro e organizado pola USC.
O noso compañeiro, Suso Montero, participou como ponente representando ao noso centro, e contando o traballo feito na Educación de Adultos co proxecto "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca".
O noso centro participará no Seminario Nacional de Atención Educativa ao alumnado inmigrante coa ponencia do noso compañeiro Suso Montero "Cruzar a fronteira. Educar desde a historia migratoria" os días 9 e 10 de novembro de 2018.
Podcast do programa "Un País Mundial" da Radio Galega coa entrevista ao alumnado das EBI, ao coordinador do documental "Cruzar a Fronteira", Suso Montero, e á Xefa de Estudios de Adultos Mariela Dosil.
A Dirección Xeral de Formación Profesional e Educación Permanente do Goberno de Cantabria organizou na UNED de Santander o III Encontro de boas prácticas en "Aprendizaxe ao longo da vida: un camiño sempre aberto hacia a aprendizaxe permanente".
Unha vez mais, o noso centro foi elexido para participar nunha mesa de boas prácticas con experiencias en proyectos europeos na que Suso Montero, como coordinador dos derradeiros proxectos Grundtvig e Erasmus+, suliñou o valor engadido que éstos aportan á dinámica de traballo por proxectos.
Un grupo de profesores e alumnos/as das ensinanzas para persoas adultas do noso Instituto acaba de regresar de Londres de presentar o documental sobre a emigración "Cruzar a Fronteira". O acto tivo lugar no Colexio español Vicente Cañada Blanch.
O documental forma parte do proxecto Erasmus+ "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca", galardoado co primeiro premio Miguel Hernández 2017 polo Ministerio de Cultura, Educación e Deporte.
O venres 26 de xaneiro foi entregado o 1º premio Miguel Hernández da convocatoria 2017 ao noso centro, polo proxecto "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca".
Este premio, de ámbito estatal, ten como finalidade apoiar e difundir boas prácticas e experiencias de aprendizaxe ao longo da vida.
Podes ver fotos do acto de entrega picando na imaxe, e consultar información máis detallada no seguinte enlace:
O día 15 de xaneiro, na Cidade da Cultura, tivo lugar unha Xornada Informativa sobre o programa europeo Erasmus+, organizada pola Secretaría Xeral de Cultura en colaboración co SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización da Educación).
O noso compañeiro Suso Montero foi elexido, unha vez máis, para representar ao IES Campo de San Alberto como exemplo de boas prácticas e, en representación do equipo que traballou con él durante máis de 10 anos (Mariela Dosil, Amalia Pérez e Juan Rodríguez), falou sobre os cinco proxectos implementados neste período, xa que catro deles acadaron nominacións como exemplos de "Boas prácticas", como "Historia de Éxito", como "Proxecto Estrela" da Comisión Europea e, no caso do derradeiro Erasmus+ "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca" o premio Miguel Hernández de innovación pedagóxica, o máis importante concedido polo MECD na súa categoría.
Ademáis, o documental "Cruzar a fronteira" foi presentado o pasado sábado día 13 de febreiro na Casa da Cultura de Portosín, cun notable éxito entre o público.