Historia de éxito
Outro novo galardón para o noso Centro. E esta vez, outorgado pola Comisión Europea!
Noraboa aos participantes no proxecto Grundtvig "Once upon a time... in Europe" e, por extensión, a toda a comunidade educativa do IES "Campo de San Alberto".
O proxecto, no que participaron mais de 400 persoas de nove países (Portugal, Grecia, Italia, Polonia, Dinamarca, Croacia, Turquía e Islandia) foi escollido por un panel de expertos da Dirección Xeral para a Educación e a Cultura da Comisión Europea con sede en Bruxelas como “Historia de éxito”.
O financiamento correu a cargo do Programa de Aprendizaxe Permanente e estivo coordinado polo noso Centro
“As HISTORIAS DE ÉXITO” son proxectos xa rematados que se distinguen polo impacto, contribución, resultados innovadores e enfoque creativo e que poden ser considerados como fontes de inspiración para outras institucións ou centros educativos con oferta formativa similar.
Un proxecto que alcanza este galardón faino despois de ter pasado por un proceso de selección dacordo con rigurosos criterios de calidade, relevancia e resultados.
Antes da selección por parte da Comisión Europea,“Once a Time in... Europe”, foi seleccionado como “PROXECTO ESTRELLA” a nivel nacional polo SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización da Educación).
http://users.sch.gr/Vigklas/2012_2014/index.html
Profesorado participante no proxecto (Xesús Vila, Suso Montero, Mariela Dosil, Amalia Pérez e Juan Rodríguez), acompañado da alumna Leticia González.
Recortes de prensa recollendo a nova (preme neles se queres ler os textos).