Skip to Content

Premios 2019-2020

SUMANDO LETRAS, 1º PREMIO NO CONCURSO INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS DE SGAPEIO

O traballo "Sumando Letras", realizado polas alumnas Laura Alonso, Sara Castelo e Alejandra Guimeráns do IES de Cacheiras, 1º Premio na categoría de 3º e 4º ESO do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO.

O traballo foi titorizado polas profesoras de matemáticas Trinidad Pazos e Olga Simón.

Desgrazadamente, debido á situación sanitaria actual, o concurso nacional no que normalmente representarían á nosa comunidade autónoma, non se celebrará este ano.

Máis información aquí.

 

PREMIO NACIONAL BUENAS PRÁCTICAS EDUCATIVAS

O proxecto pedagóxico Aturuxo FilmsImaxinando Músicas do IES de Cacheiras recibe o recoñecemento do Ministerio de Educación e Formación Profesional co Premio Nacional de Buenas Prácticas en centros docentes educativos na categoría Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura, Audiovisuais e Alfabetizacións Múltiples.

Máis información aquí

máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut