Skip to Content

Complementarias

INICIO DO CURSO 2014-15

LUNS 15 DE SETEMBRO:

12:00-13:15- PRESENTACIÓN DE 1º E 2º DE BACHARELATO E INAUGURACIÓN DO CURSO ESCOLAR CUNHA CONFERENCIA-CONCERTO DA CANTANTE GALEGO-PALESTINA NAJLA SHAMI

 

PREMIOS DE EXCELENCIA DA USC

O instituto felicita ao alumnado formado por María del Mar Mosquera Arcos, Francisco Cajade Pascual e Francisco López Bermúdez polo éxito acadado ao seren galardoados co premio de excelencia da Universidade de Santiago de Compostela, outorgado o 1 de xullo deste ano.

Parabéns.

COMENIUS desta vez estivo aquí

As alumnas francesas que nos visitaron. Noticia en "adxuntos".

PERFORMANCE POÉTICO-MUSICAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O IES de Cacheiras participará nos actos que realiza o concello de Teo o 22 de novembro en relación co día de loita contra a violencia de xénero (25 de novembro). Trátase dunha performance poético-musical interpretada polo alumnado o DÍA 22 DE NOVEMBRO, ÁS 19.45 HORAS, NO LOCAL SOCIOCULTURAL DA RAMALLOSA, TEO.
Gustaríanos contar coa vosa presenza.
Saúdos da dirección.


Performance poético-musical contra a violencia de xénero interpretada polo alumnado  do IES de Cacheiras



Poema de Xohana Torres, eu tamén navegar
Promesas de amor  de Clara Gayo
A derradeira cita     de Clara Gayo
 
Reparto:
1º ESO: Mar Baliñas Torreiro, Ada Montoto Pintos.
2ª ESO: Oliver Angermann Costas, Tania Domínguez Blanco, Antía Friero Sánchez, Marta Gago Castelao, Iago García Piñeiro, Iria Mato López, Nerea Pérez Gerpe, Mara Pérez Montes, Marcela Taracido Vaneiro, Patricia Viadel Turjanicová, Sandra Viadel Turjanicová.
3º ESO: Miguel Calvo Sanz, Gala Giménez Gallego, Lara Pouso Martínez, Iago Riveiro Rodríguez.
4º ESO: Mireia Barrio Fernández, Pablo Fernández García, Laura Lareo Parada.
Música: Pablo Fernández (3º ESO).
Canción final: Bebe.
Dirección: Purificación Cabido, Raúl Gómez e Paula Rodríguez.

DandyLady, Desassossego (poesía escénica)

desassossego

 

ALUMNADO DE 3º ESO, 4º ESO B/E


Desassossego é un recital teatral sobre o desacougo cun acompañamento musical que incorpora sons inquietantes para cada texto.

O novo traballo de Iria Pinheiro e Jesús Tejada está armado con versos d@s poetas consagrad@s Fernando Pessoa, Sther F. Carrodeguas, Xiana Arias, Lupe Gómez, Lucia Aldao, Adília López, Branca Novoneyra, Lois Pereiro, María Salgado, Luci Romero e Olalla Cociña.

SALÓN DE ACTOS DO IES DE CACHEIRAS O VENRES 15 DE NOVEMBRO.
MÁIS INFORMACIÓN NA LIGAZÓN SEGUINTE:
http://redenasa.tv/gl/post/dandylady-poesia-escenica/



ACTIVIDADE FINANCIADA POLO CONCELLO DE TEO, DEPARTAMENTO DE CULTURA.

Conferencia de CARLOS TAIBO

carlostauibo

12 NOVEMBRO 2013

O DECRECEMENTO, POR  CARLOS TAIBO, PROFESOR DE CIENCIA POLíTICA E DA ADMINISTRACIóN NA UNIVERSIDADE AUTóNOMA DE MADRID, EXPERTO EN POLíTICA INTERNACIONAL E EN MOVEMENTOS ANTIGLOBALIZACIóN.
PARA 1º BACH E 2º BACH.
CARLOS TAIBO APOSTA POLO DECRECEMENTO DOS PAíSES DESENVOLVIDOS COMO ALTERNATIVA A UNHA ORDE CAPITALISTA MUNDIAL QUE SE VAI A PIQUE.

CONVIDADO POLA DIRECCIóN DO IES DE CACHEIRAS, O PROFESOR CARLOS TAIBO IMPARTIU UNHA PALESTRA NO INSTITUTO DE TEO O PRóXIMO MARTES 12 DE NOVEMBRO ÁS 10:45 HORAS.

Fronte á crise financieira, enerxética e ecolóxica o experto en política internacional falou da necesidade dun cambio de mentalidade e dunha renovación sustancial da orde mundial e, propondo, entre outras medidas, o decrecemento dos países
desenvolvidos.
Na mesma semana, impartiu dúas conferencias máis en senllos institutos galegos, o IES AQUIS CELENIS, de Caldas de Reis, e o IES Macías o Namorado, de Padrón.

LINK: http://www.diarioinformacion.com/alicante/2008/10/21/bancos-volveran-andadas-solucion-crisis-atiende-intereses/810415.html

25 DE NOVEMBRO. DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO. Mércores 29 no salón de actos


· Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asesinato das irmás Miraval (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana·
Os seus cadáveres mutilados apareceron no fondo dun precipicio. Para o movemento popular e feminista da República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia·
Máis información sobre as irmás Miraval no artigo: 25 de noviembre, homenaje a las Hermanas Miraval, por Ana Mariñez Álvarez·
En 1999, a ONU deu carácter oficial a esta data·
O 29 de novembro - Desde o Parlamento Europeo a deputada Emma Bonino propón convocar nesta data un Día Internacional de Loita contra a Mutilación Xenital Feminina·
O 1 de dicembro: Día Internacional de Loita contra a sida·
O 6 de decembro marca o aniversario do Masacre de Montreal, cando un home disparou contra catorce universitarias por seren feministas·

O 10 de decembro é a data en que se conmemora a firma en 1948 da Declaración Universal de Dereitos Humanos


http://www.google.es/searchsystem/25+DE+NOVIEMBRE+DIA+DE+LA+VIOLENCIA+DE+GENERO&hl=es&prmd=n&source=univ&tbs=nws:1&tbo=u&ei=vuTrTPXKMM2BhQfJ_5jMDA&sa=X&oi=news_group&ct=title&resnum=4&ved=0CDQQqAIwAw


25 DE NOVEMBRO. DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO. Mércores 29 no salón de actos
Distribuir contido


by Dr. Radut