Skip to Content

Premios 2023-2024

EMOCIÓNATE, mención de honra na Fase Nacional do XIII Concurso Incubadora

O equipo formado por Anxo Amigo, Martiño Amigo, Sabela Noya, Dalmiro Núñez e Brais Suárez, de 1º ESO, co seu traballo Emociónate conseguiu a Mención de Honra na Fase nacional do Concurso Incubadora que se celebrou en Bilbao do 26 ao 28 de xuño.

MELLORES EXPEDIENTES 2024

Beatriz Martínez, David Mato e Rubén Pérez, como Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024, recolleron os seus diplomas no coliseum da Coruña o pasado venres 21, nun acto que reuniu ao mellor alumnado nas ABAU das tres universidades galegas.

Parabéns!!

ENTREGA DE PREMIOS CONSUMÓPOLIS-19

Os equipos "Minerales" e "Sirenas de Mako", gañadores do 1º e 3º premio, respectivamente, do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis-19: súmate á enerxía responsable organizado polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia, recibiron hoxe os seus premios nun acto oficial celebrado no IES de Cacheiras.

Asistiron ao acto Gabriel Alén, Director do IGCC, Inmaculada Fernández Teijeiro, Subdirectora xeral de Innovación, Carmen Cimadevila, Inspectora de Educación, María Vázquez, Concelleira de Educación e Lucia Calvo, Alcaldesa do Concello de Teo.

EMOCIÓNATE CONNOSCO, 1º PREMIO INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS DE SGAPEIO

O venres, día 7, o alumnado do IES de Cacheiras defendeu os seus traballos, Emociónate connosco e Focos de atención, na categoría de 1º e 2º ESO e A pantera negra, na categoría de 3º e 4º ESO na facultade de matemáticas.

Nesta decimocuarta edición do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO, o traballo A pantera negra quedou en segundo posto na súa categoría e Focos de atención no terceiro.

O equipo formado por Anxo Amigo, Martiño Amigo, Sabela Noya, Dalmiro Núñez e Brais Suárez  co seu traballo Emociónate connosco de 1º ESO, resultaron gañadores da Fase galega do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos e representarán a Galicia na Fase nacional que se celebrará en Bilbao.

DOUS EQUIPOS DO IES DE CACHEIRAS GAÑADORES DO CONCURSO Consumópolis-19: súmate á enerxía responsable

O equipo “Minerales” composto por: Carla Atrio Montes, Dora Ferreira Martínez, Uxía Taboada Pillado, Uxía Campos Lugo e Uxía Ferreiro Fernández foi seleccionado para representar a Comunidade Autónoma de Galicia na fase estatal do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis-19: súmate á enerxía responsable organizado polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia, adscrito á Consellería de Economía, Industria e Innovación, e á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
A este equipo clasificado en primeiro lugar na Categoría B, ademais de representar a Galicia na fase nacional, concederáselle un premio de 1000 euros.


O equipo “ Sirenas de Mako” composto por María Martínez Fernández, Julia Mella Taboada, Carla Miranda Loureiro, Alejandra Rodríguez Varela e Aroa Vázquez Liñares acadou o terceiro posto na mesma categoría, obtendo un premio de 300 euros.


Todos os membros do equipo recibirán, ademais dos premios, un diploma do Instituto Galego do Consumo e da Competencia que os acredita como gañadores nun acto oficial que se celebrará o próximo luns 10 de xuño no IES de Cacheiras  ás 12.30 no Salón de Actos, contando coa presenza do Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Manuel Heredia Pérez.

IMAXINANDO MÚSICAS, 1º Premio de Innovación Educativa, Escola Viva

O Sector de Ensino da UGT-Servizos Públicos fixo entrega do 1º Premio de Innovación Educativa, convocados por Escola Viva, ao profesor de Artes Plásticas, Sergio Clavero do IES de Cacheiras (Teo – A Coruña) polo proxecto : “Aturuxo Films. Imaxinando músicas”.

Parabéns!

FINALISTAS NO XIV CONCURSO INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS

Anxo Amigo, Martiño Amigo, Sabela Noya, Dalmiro Núñez e Brais Suárez, co seu traballo "Emociónate connosco" de 1º ESO, Tiago Costa, Antía González, Mario Sánchez e Antón Taboada de 2º ESO, co traballo "Focos de atención" e María Blanco, Mateo Mata e Montserrat Mayo de 4º ESO, con "A pantera negra", todos finalistas no XIV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos de SGAPEIO.

Defenderán o seus traballos na facultade de matemáticas o vindeiro 7 de xuño, para elixir aos gañadores da Fase autonómica do concurso. 

Parabéns e moita sorte!

SERGIO REY, I PREMIO ESCOLAR INTERNACIONAL DE LIVRO DE CORDEL

O I Premio Escolar Internacional de Livros de Cordel, que organizan os institutos Marco do Camballón, de Vila de Cruces, e Rochael de Medeiros de Recife, de Brasil, ten como gañador a Sergio Rey Dalama, alumno de 1º ESO do noso centro.

Sergio presentou ao concurso un poema sobre o fútbol, Um dragão Campeão. Este certame escolar ten como obxectivo valorar a poesía popular, vincular a tradición do cordel á historia de Brasil e de Galicia e, por outra banda, modernizar o libro de cordel e a oralidade en lingua galego-portuguesa, ademais de fomentar relacións entre escolares de Galicia e de Brasil.

O IES DE CACHEIRAS 3º POSTO NA FINAL DO CLUB DE DEBATE ALINGUA

O equipo Sofistas acadou unha puntuación de 248.50 puntos na final do Club de debate Alingua que se celebrou en Val do Dubra.

O IES Terra do Xallas de Santa Comba e o IES Camilo José Cela de Padrón quedaron, respectivamente, no 1º e 2º postos.

Parabéns a todos polo esforzo, o traballo e a aprendizaxe.

Grazas ao Concello de Teo por facer posible esta actividade.

 

O EQUIPO SOFISTAS FINALISTA NO CLUB DE DEBATE ALINGUA 2024

Este xoves dous equipos do IES de Cacheiras participaron na 3ª Fase previa do Club de debate Alingua 2024, Xenerais, formado por alumnado de 4º ESO e Sofistas, de 1º bacharelato.

Sofistas acadou o 2º Premio nesta fase e representará ao IES de Cacheiras na final que se celebrará o vindeiro 13 de abril en Val do Dubra.

Parabéns aos dous equipos polo traballo realizado estes meses de preparación e moita sorte aos finalistas!

Ademais, Ruth Barrio e Pablo Ruíz foron recoñecidos entre os mellores oradores da sesión.

Esta actividade realízase grazas ao finanzamento do Concello de Teo e está coordinada polo profesor Xosé Candal.

Distribuir contido


by Dr. Radut