Skip to Content

Curso 2022-2023

Actividades desenvolvidas pola Biblioteca Escolar, o EDLG, Aula de teatro e os diferentes departamentos didácticos.

XIRA DE TEATRO 2023. SEGUNDO DÍA

O segundo día visitamos Almagro e actuamos no Teatro de Argamasilla de Alba, que é espectacular.

Tivemos a sorte de rematar o día cun roteiro guiado sobre Cervantes e O Quixote por Argamasilla.

XIRA DE TEATRO 2023.PRIMEIRO DÍA

Primeiro día: Alcalá de Henares.


PARTICIPACIÓN NO RALLY MATEMÁTICO

24 alumnos e alumnas de 1° ESO participaron este pasado martes, día 11, no XXXI Rally Matemático, coordinados por María Sanmiguel.

Moita sorte!!

 

CHARLAS SOBRE TRATA DE PERSOAS E PROSTITUCIÓN. ASOCIACIÓN VAGALUME

A asociación Vagalume estará esta semana no noso centro impartindo charlas informativas sobre prostitución e trata de seres humanos con fins de explotación sexual ao alumnado de 1⁰Bacharelato.

Tamén podedes ver a exposición que nos cederon, no corredor da cafetería.

AULA MELLOR COIDADA. MES DE MARZO

A aula mellor coidada do mes de marzo volve ser a de 1º ESO A, pero seguida moi de cerca por 1º ESO C.

Quedan dous meses, quen gañará??

 

 

GALICIA NOMEADA NO IES DE CACHEIRAS

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA E NOVA PROPOSTA

O mércores 29 de marzo volveuse a reunir o Club de Lectura de 4º de ESO para comentar o final do libro Noite de voraces sombras, que gustou bastante, pero do que algúns membros agardaban distinto final. Tamén nos quedaron moitas ganas de visitar a Illa de San Simón, onde Ramón pasou tanto tempo recluído e a onde vai a súa sobriña xunto con súa nai para descubrir o tesouro que deixou agochado.
A nova proposta das alumnas para o terceiro trimestre é Soy La Malinche.

II SEMANA CULTURAL. FINAL E FESTA!

E así rematamos a II Semana Cultural, con festa!!

ATURUXO FILMS PREMIO INNOVACIÓN EDUCATIVA UGT GALICIA

O proxecto Aturuxo Films do IES de Cacheiras novamente premiado. Parabéns!!

 

 

II SEMANA CULTURAL. AXENDA DO DÍA 31 APRAZADA

En previsión de que a folga de transporte puidese afectar á asistencia do noso alumnado ás clases, decidiuse aprazar as charlas deste último día para outra data.

Agardamos que sexa moi pronto!

Distribuir contido


by Dr. Radut