Skip to Content

Intercambios con Francia

Nestes intres temos un intercambio dun mes co Lycée Victor Hugo, en Marselle. Dous alumnos, Aldán Creo, de 2º Bac. e Julián Noenlle, de 1º Bac., foron a principios deste mes de xaneiro para aprender in situ o idioma e a cultura gala ademáis de asistir  ás clases do instituto repasando ou aprendendo cousas novas das diferentes materias. Teremos en febreiro aos correspondentes para pasar pola mesma experiencia en Galicia. Aquí tedes a comunicación que deron na súa páxina de centro.

http://www.lyc-hugo-marseille.ac-aix-marseille.fr/spip/spip.php?article383

Xa ó principio deste curso tivemos outro intercambio desta índole e da que tivestes noticia polo Twitter.

Ademáis, en marzo teremos un novo intercambio de unha semana de duración co Lycée Gabriel Faurée, en Annecy, e teremos aos correspondentes en maio. Esta vez serán 32 persoas.



page | by Dr. Radut