PROXECTO E-DIXGAL NO IES DE CACHEIRAS
|
O IES de Cacheiras foi seleccionado para participar no Proxecto E-Dixgal en 1º da ESO no curso 2018-19, segundo a resolución definitiva publicada no portal da Consellería de Educación e O.U.
O proxecto E-Dixgal consiste en proporcionar ao alumnado un ordenador portátil co obxectivo de traballar con recursos dixitais gratuítos (libros dixitais, actividades interactivas, etc.). O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline). Deste xeito, garántese que o alumnado que non dispoña de conexión a Internet desde a súa casa, poida seguir o curso sen dificultade.
Obxectivos:
Ao incorporármonos a este proxecto, pretendemos acadar, entre outros, os seguintes obxectivos:
- Mellorar a competencia dixital do noso alumnado.
- Ampliar ferramentas para apoiar diferentes liñas metodolóxicas entre o profesorado.
- Integrar os recursos dixitais co resto de recursos educativos que o centro pode aportar e os que poidan dispoñer na súa contorna familiar.
- Estender a dispoñibilidade dos recursos TIC cara os sectores mais desfavorecidos do alumnado do noso centro.
- Reducir o gasto económico das familias ao prescindir dos libros de texto en papel, reducindo ao mesmo tempo o peso da mochila do alumnado.
Ademais, o alumnado e profesorado participante recibirá formación específica no uso da plataforma.
Materias que se impartirán en dixital en 1º da ESO:
Educación plástica, visual e audiovisual
Relixión e Proxecto competencial
Matemáticas
Ciencias sociais, xeografía e historia
Educación física
Bioloxía e xeoloxía
Lingua galega e literatura
Lingua castelá eliteratura
Lingua estranxeira: inglés
Tecnoloxía e dixitalización
Materias que se impartirán en dixital en 2º da ESO:
Ciencias sociais, xeografía e historia
Educación física
Física e química
Lingua castelá e literatura
Lingua galega e literatura
Matemáticas
Música
Relixión e valores éticos
Tecnoloxía
Materias que se impartirán en dixital en 3º da ESO:
Bioloxía e xeoloxía
Educación en valores cívicos e éticos
Educación física
Educación plástica, visual e audiovisual
Física e química
Lingua galega e literatura
Matemáticas
Música
Relixión e Proxecto competencial
Tecnoloxía
Xeografía e historia
Materias que se impartirán en dixital en 4º da ESO:
Bioloxía e xeoloxía.
Ciencias aplicadas á actividade profesional.
Cultura científica.
Economía.
Educación física.
Educación plástica e visual.
Física e química.
Iniciación a actividade emprendedora e empresarial
Lingua galega e literatura.
Matemáticas.
Música.
Relixión e valores éticos.
Tecnoloxía.
Tecnoloxías da información e da comunicación
Xeografía e historia.
Para máis información:
- 3619 lecturas