Skip to Content

MOITAS GRAZAS, CARMIÑA!

O último día de clase todo o alumnado do centro tivo a oportunidade de despedirse de Carmiña, que emprende unha nova etapa na súa vida.

Despois de trinta anos, deixará a cafetería do centro. Imos botala moitísimo de menos, a súa profesionalidade, o seu bo facer, o cariño co que tratou a varias xeracións de rapaces e rapazas, o apoio ao profesorado e o seu traballo incansable.

Desexamos que sexas moi feliz neste novo comezo, Carmiña. Foi un enorme pracer traballar contigo, moita sorte!

 



page | by Dr. Radut