DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

O venres 20 de xuño, os alumnos de 3º D asistiron a una charla sobre o mundo do cómic que foi impartida na tenda Norma Cómic (Ronda de Don Bosco, Vigo) por María Vilar, unha das nosas grandes promesas no mundo do cómic. Os rapaces poideron escoitar unha breve historia do mundo do cómic e coñecer o traballo dunha artista gracias aos bocetos propios que lles amosou. Unha mañán moi efectiva para descubrir un novo universo literario.

 

 

 

As Barxas escribe é o resultado dunha actividade levada a cabo por todos os integrantes do departamento de Lingua Castelá e Literatura durante este curso, en colaboración co departamento de plástica e con alumnos de 1º a 4º ISO. O proxecto nace como resposta aos obxectivos formulados polo contrato programa, en concreto:
a mellora da lectura e a escritura. Durante as sesións adicadas na aula, os alumnos tiveron que planificar a súa "obra", corrixila e "pulila", ler as doutros compañeiros, utilizar as TIC (procesadores de texto), realizar lecturas en voz alta e traballar en ilustracións para os textos con distintas técnicas. 
Ao poñerse no papel do escritor, ademais de ter que mellorar a súa técnica literaria e a ortografía, os alumnos deberon tomar conciencia das dificultades do proceso creativo, aprendendo a afrontalas e solucionalas debidamente.
Por outro lado, a aprendizaxe da literatura cobra así un sentido máis práctico e tanxible para os alumnos, que deixan de ver "o libro" dun mero modo contemplativo e como algo estático, pasando a tomar partido do auténtico oficio de escritor, vendo, finalmente, como o que eles mesmos escribiron toma forma coa publicación final (e "seria") da súa propia obra, tanto en formato dixital como físico.
A pesar de que cremos que os resultados en canto á mellora das aptidudes dos alumnos na lectura e a escritura non serán visibles a curto prazo, si que puidemos apreciar xa un maior interese por parte de moitos alumnos cara á escritura creativa e un cambio en como ven a literatura en calquera dos seus xéneros.
Deixamos aquí a versión dixital dos libros editados.

   

 

 

 

O venres 20 de xuño os alumnos de Ciencias de 1º de bacharelato e de Ciencias de 4º da ESO xunto cos profesores Mónica, Montse, Pilo e Fran visitaron as illas Cíes dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas. Ás 11 da maña colleron o barco en Vigo e en pouco máis de 35 minutos chwgaron ás illas, eles e varios institutos máis de toda Galicia. Unha vez na illa puséronse en marcha. Camiñata pola illa de Monteagudo, pasando polo Lago dos Nenos que comunica coa illa do Faro. Subiron ata a Pedra da Campá, observatorio de aves, e finalmente chegaron ao faro da illa onde comeron. Na subida observaron varias parellas de gaivotas cos poliños, asi como vexetación típica de dunas e acantilados. Unha curiosidade foi que poideran observar e fotografar un exemplar de gaivota albina, unha rareza. Baixada á praia de Rodas, baño dos valentes e volta para casa  no barco con espectacular baile amenizado pola nosa amiga/compañeira/profe Pilo.Un moi bo día, moi interesante e divertido. Os alumnos un dez.

 

 

 

Os  alumnos da sección bilingüe de inglés de 3º ESO do Centro asisten, en piragua, a súa última clase de inglés deste curso.

 Acompañados da súa profesora, Palmira Calvar, os alumnos desprazáronse ata o CLUB NÁUTICO COBRES, en  Santa Cristina onde asistiron á explicación dos distintos tipos de Kayaks e unhas nocións básicas na  técnica de paleo. Tiñan por diante unha longa travesía porque dende o Peirao de Santa Cristina de Cobres se dirixiron ata Rande para visitar a Aula de interpretación - museo Meirande. Alí unha guía fíxolles un repaso da historia  da zona: as razóns e resultado da Batalla de Rande de 1702, as distintas expedicióins na procura dos pecios e  tesouros que viñeran das Indias,  a presenza de Julio Verne na Ría, etc.

 Resultou moi interesante achegarse á vida dos mariñeiros dos barcos da época, descubrir que tipo e cargamento traían, así como comparar as construcións dos buques. Isto é posible grazas ás maquetas da exposición,  que facilmente nos permiten ver a  ventaxe da armada anglo-holandesa.

 A visita foi máis breve do previsto porque había que voltar ás piraguas  e remar de novo nun mar de súpeto embravecido, o que fixo que o regreso supuxera un gran esforzo  para os alumnos que, viñeron a demostrar que ademais de bos en inglés tamén están en estupenda forma física.

 

 

Un grupo de alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato viaxan ata Lugo acompañados por Emilia e Charo. Visitaron o Museo Provincial, no que vimon o mosaico da rúa Armañá, inspirado na historia mitolóxica de Dédalo e Pasifae, e unha colección de Aras, Estelas, e moedas romanas. A continuación, se dirixiron á Domus de Mitreo, domus romana datada nos séculos II_III cun templo dedicado a Mitra. Antes de comer pasearon pola Muralla, patrimonio da humanidade e , pola tarde foron ao centro de interpretación da Muralla, onde lles contaron a historia da muralla, e a casa dos Mosaicos, outra domus romana do século III, posible residencia do gobernador da cidade.


 

 

 

Distribuir contido