DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Inglés sobre piragua

Os  alumnos da sección bilingüe de inglés de 3º ESO do Centro asisten, en piragua, a súa última clase de inglés deste curso.

 Acompañados da súa profesora, Palmira Calvar, os alumnos desprazáronse ata o CLUB NÁUTICO COBRES, en  Santa Cristina onde asistiron á explicación dos distintos tipos de Kayaks e unhas nocións básicas na  técnica de paleo. Tiñan por diante unha longa travesía porque dende o Peirao de Santa Cristina de Cobres se dirixiron ata Rande para visitar a Aula de interpretación - museo Meirande. Alí unha guía fíxolles un repaso da historia  da zona: as razóns e resultado da Batalla de Rande de 1702, as distintas expedicióins na procura dos pecios e  tesouros que viñeran das Indias,  a presenza de Julio Verne na Ría, etc.

 Resultou moi interesante achegarse á vida dos mariñeiros dos barcos da época, descubrir que tipo e cargamento traían, así como comparar as construcións dos buques. Isto é posible grazas ás maquetas da exposición,  que facilmente nos permiten ver a  ventaxe da armada anglo-holandesa.

 A visita foi máis breve do previsto porque había que voltar ás piraguas  e remar de novo nun mar de súpeto embravecido, o que fixo que o regreso supuxera un gran esforzo  para os alumnos que, viñeron a demostrar que ademais de bos en inglés tamén están en estupenda forma física.