DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

O martes 4 de novembro o hall do noso Centro convirteuse nun auténtico laboratorio. Os alumnos de 4º ESO D expoñen aos demáis compañeiros unha serie de experimentos baseados nas propiedades dos distintos elementos utilizados. Despertaron a curiosidade dos presentes, que non poideron evitar comprobar o seu funcionamento. Aqui deixamos unha pequena mostra dos experimentos mostrados.

DIABLILLO DE DESCARTES: O diablillo de Descartes pódese construir empregando únicamente unha bolsa de ketchup e unha botella de plastico. Enches a botella con auga, metes o sobre de ketchup dentro (sen abrir o sobre!!!), pechas a botella e xa está!!! Así de simple. Agora so tes que apretar e ver que acontece
   A explicación non é moi complicada: ao facer presión sobre a superficie da botella, esta presión transmítese integramente a todolos puntos do líquido que hai dentro (Principio de Pascal). A bolsa de ketchup ten algo de aire dentro e a presión fai que se comprima un pouco. Como consecuencia, o empuxe e menor, e a bolsa descende. Cando se deixa de apretar, a bolsa de ketchup volve a ocupar o mesmo volume, o empuxe aumenta e sube.

 

O SEMÁFORO QUÍMICO.

Trátase dunha disolución de glucosa, hidróxido de sodio e o colorante sintético coñecido como carmín de índigo usado na industria alimentaria co código E-132. Este colorante é verde en estado oxidado, amarelo reducido e vermello nun estado intermedio.

 CLIP FLOTANTE

Todos sabemos que os clips non flotan na auga porque son de metal, son máis densos ca auga e afúndense. Pero cun pouco de habilidade e aproveitando unha propiedade da auga que se chama tensión superficial, pódese facer que o clip pareza que flota.

Por certo, algunha vez vistes un deses insectos que camiñan pola auga?. Pois xa sabedes a que é debido á tensión superficial.

E aí vai outra pregunta, por que a auga quente limpa mellor ca auga fría?,  pois polo mesmo, porque na auga quente a tensión superficial é menor.

 

ELECTROSCOPIO CASEIRO

O electroscopio é un instrumento que se utiliza para saber se un corpo está cargado electricamente. A nosa alumna Sara R. da Silva fixo un electroscopio cunha varilla metálica vertical feita cun fio de cobre, enroscado na parte superior e con dúas láminas de aluminio moi delgado no extremo oposto. Cando acercamos un obxecto electrizado á parte superior do fio, este se electriza e as laminiñas cargadas con igual carga eléctrica se repelen, separándose, sendo a súa separación unha medida da cantidade de carga que recibiron

 

EXPLOSIÓN DE COR

Vertemos un pouco de leite nun prato. A continuación, botamos un par de pingas de colorante de distintas cores enriba do leite, o máis xuntas posible pero sen botar unhas encima doutras. Despois, collemos un bastoncillo mollado con deterxente e tocamos nelas. As cores empezarán a moverse rápidamente, afastándose da punta do bastoncillo, debuxando formas variadas. Esto ocorre porque o leite consegue que os colorantes non se disolvan nela grazas ás graxas que contén. Tamén actúa aquí unha das principais características do auga, a chamada tensión superficial.  Este vistoso efecto débese a que o xabón é un repelente de graxas e xa que os colorantes adoitan conter graxas animais, os repele unha e outra vez. Ademais, ao introducir o bastoncillo no leite rompemos a tensión superficial, o que facilita a rápida separación das cores.

FERROFLUIDOO ferrofluido é un fluido que se polariza en presencia dun campo magnético. O que aparece no video o preparamos mesturando aceite de xirasol con po de tóner (de impresora laser). A continueación, aproximamos un imán de neodimio (que é un imán moi potente). Como consecuencia, as partículas ferromagnéticas que están presentes no fluido, oriéntanse ao longo das liñas de campo magnético, algunhas incluso salen disparadas (debido a potencia do imán). Ollo!!! Este é un experimento que non é moi recomendable facer na casa, porque o po de tóner é moi contaminante e non é moi recomendable (ademais de correcto) tirar no lixo a mestura cando te aburras dela.

 

 

 

Con motivo do Samaín celebramos o xoves 30 de outubro o tradicional concurso de cabazas. Este ano houbo unha enome participación, e gran calidade nos traballos presentados.  Agradecer sobre todo aos alumnos de 1º e 2º de ESO e Angeles Pico a súa colaboración.

Samain 2014 IES AS BARXAS by Slidely Slideshow

 Os premiados no concurso foron:

1º Premio: Fernando Rial Modueño

2º Premio: Lucía Santomé Santomé

3º Premio: Gael Santomé López e Julio Boubeta Santiago.

 

 

 

 

 

Este luns 29 de outubro celebramos, como ven sendo habitual, o Día da Biblioteca con doces para todos durante o recreo.

 

 

 

Onte, os nosos alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron na Casa da Mocidade de Moaña a un obradoiro  titulado  " Aprendendo a aprender". Nel se destacaron a  importancia da vontade,  da curiosidade e  da creación de hábitos para acadar o éxito no estudio

 

 

 

Os alumnos de TIC do Centro acuden á Casa da Mocidade de Moaña para asistir a unha actividade teórico-práctica sobre os diferentes recursos que ofrecen as novas tecnoloxías para promocionar, financiar e dar a coñecer os teus proxectos.

O Faro de Vigo faise eco deste nova

 

 

 

Distribuir contido