DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

Con gran éxito de participación, celebramos o Entroido 2015. Tivemos un variado programa: concurso de doces, concurso de disfraces, concurso de chistes, zumba e baile coa wii. Agradecemos o traballo dos alumnos de 1º Bacharelato que organizaron o evento, e tamén a todo o profesorado.


 

 

 

Tras unha intensa semana de recollida de cartas de amor, levouse a cabo a tradicional entrega aos seus destinatarios.  Un estupendo traballo levado a cabo por un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato. Aquí algunhas instantáneas das entregas.

 

 

 

O día 11 recibimos a visita da Garda Civil que, dentro do Plan Director, deu unha charla aos alumnos de 1º  de ESO sobre o acoso escolar.

 

 

 

Sabias da curiosa orixe da palabra persoa?

Pois venche do latín per-sonare que significa ‘resonar’. Pero o curioso é que se refire á  máscara que os actores empregaban no teatro e que tiña un furadiño na boca que facía sair unha voz penetrante que chegara a todo o público. E tamén caracterizaba xa que as máscaras representaban un aceno ou mueca para transmitir sentimentos, tristeza, xenreira, alegría… 

Os romanos tomaron do teatro grego a máscara como requisito escénico, e por iso o máis probable é que a palabra sexa un préstamo doutra grega. En Grego máscara dicíase prospora que significa “diante da cara” (pros-diante e opos-cara).  

Pero que agocha detrás? Non sabias que a palabra máscara ven do latín mascus que significa pantasma?.

A personalidade sería así unha máscara que xa non tiramos, coa que nos chegamos a identificar e que nos caracteriza ante a sociedade. Xa non está diante da cara. É a cara! 
Na imaxe seguinte, os rapaces de 1º ESO no taller de máscaras coas que decoraron o Centro para o CARNAVAL.

 

Aqui, unha pequena mostra do seu traballo.

 

 

 

Exposición sobre materiais recollidos na beira do mar polos alumnos de 3ºD. A exposición consta de dúas partes, por unha banda, temos unha colección feita de restos de seres vivos, principalmente cunchas de moluscos, exposta en dúas vitrinas. E por outra, temos a exposición de materiais de refugallo, principalmente plásticos, latas e vidrios.

Nos paneis da exposición temos información sobre os distintos tipos de plásticos, a súa durabilidade no medio e os efectos que estes materiais provocan nos seres vivos do mar. Ademáis tamén recreamos nun acuario e puxemos información sobre as Illas de lixo presentes nos cinco océanos.

Por último, fixemos unha selección do lixo atopado e relacionado coas actividades pesqueiras e de marisqueo.

 

 

 

Distribuir contido