Extraescolares outros cursos

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, está a desenvolver unha nova convocatoria do Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. Este luns 19  estiveron no noso centro  impartindo un obradoiro para alumnos de 2º de ESO.

O programa non acaba co obradoiro senón que  está á nosa disposición unha serie de guias para pais, profesores e alumnos que, neste último caso son obxecto de traballo na titoría.

 

 

 

O centro Quérote+ de Vigo  impartíu  unha serie de obradoiros no noso Centro  sobre Educación Afectivo-sexual dirixidos ao alumnado de 3º de ESO. Os obradoiros, que se insertan dentro do Plan de Acción Titorial,  tiveron unha duración de dúas horas por grupo cunha excelente acollida por parte do alumnado.

 

 

 

Festival de Nadal protagonizado polos alumnos de música do Centro, baixo a dirección dos profesores Jose Luis Pena e Seso Durán. Presenta o festival, Lucía Parcero. Parabéns polo traballo realizado.

 

 

 

Estupendo vídeo protagonizado polos alumnos de inglés de 4º ESO do noso Centro. Editado e producido pola súa profesora, Palmira Calvar. Felicidades polo traballo realizado!

 

 

 

 

 

O luns 24 de novembro, os nosos alumnos de 3º ESO e 4º ESO D visitaron a exposición na Casa de Mocidade " Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero". A exposición se complementa cun obradoiro de dúas horas de duración onde se desenvolverán algunhas das unidades didácticas contidas no libro do mesmo nome  publicado por Gloria Isabel Serrato Azat.  O obradoiro correrá a cargo da autora.

 

 

Distribuir contido