Extraescolares outros cursos

O luns 9 de xuño os alumnos de 4º ESO e 3º Diversificación recibiron a visita do cantautor Lolo Nantes, residente en Redondela, aínda que nado no barrio popular vigués do Calvario.

Os rapaces poideron disfrutar dun recital músico-poético e deleitarse coas letras musicadas de autores españois e galegos da talla de Alberti, León Felipe, Miguel Hernández, Federico García Lorca, Antonio Machado, Celso Emilio Ferreiro,... ademáis dalgúnha composición do propio Lolo.

Ao final do acto, unha das alumnas proceden a ler unpoema de Jacques Prevért, antes de facerlle entrega ao cantautor dun libro de poesía, adicado polos alumnos, o que causon no músico unha fonda emoción.

Un xeito diferente de achegarlle aos rapaces un xénero tan incomprendido como é a lírica co fin de que abran os seus corazóns a un mundo marabilloso e emocionante. "Porque só cando soñamos somos libres, sempre foi así e sempre será". Profesor Keating.

 

 

 

 

Os alumnos de música  desprazaronse ata Celanova o martes 10 de xuño. Visitaron á casa de Curros Enríquez, o castro de Castromao, o mosteiro de San Salvador, onde tocaron unhas pezas acompañados pola profesora Marisol Mendive ao órgano, …

Non vos perdades o seguinte video da súa visita

 

 

 

Dende o 4 de xuño temos no recibidor do Instituto a exposición sobre o Poema Penélope de Díaz Castro traducido a un sin fin de linguas, un traballo enorme coordinado dende dous instutos da comarca.

 

 
 
 

O 26 de Maio, os nosos alumnos de 4º ESO, 1º Bacharelato e 3º Diversificación, asitiron á comferencia que no salón de actos do Centro impartiron membros da “Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Cangas 28 de Agosto” que foi organizada polo Departamenjjjto de Filosofía.

Camilo Camaño fixo una exposición xeral da época e tamén falou do proxecto da Illa da Memoria en San Simón, hoxe parado. Por último describiu as múltiples actividades da asociación.

Luis Chapela agasallou á biblioteca con dous exemplares do libro que ven de publicar. De feito espuxo o resultado das súas investigación con 104 novos casos documentados de represaliados en Moaña.

A ámbolos dous agradecémoslle a súa xenerosidade.

A dureza das historias narradas, a súa veciñanza, e a cercanía dos feitos a lugares da contornainmediata, propiciou moita atención por parte dos alumnos que ao remate fixeron preguntas

 

 

O 27 de Maio os alumnos de 3º ESO asistiron a un charla titulada "Maxia Química", na Fundación Barrié en Vigo. Nesta charla, lles amosaron varias experiencias espectaculares, como por exemplo, facer desaparecer auga nun vaso, facer desaparecer unha folla de papel ao queimala, cambiar de cor unhas substancias e observar as diferentes cores que teñen distintas substancias ao queimalas. Con todo isto, o que se pretendía era amosar aos estudantes unha visión diferente da Química, para intentar despertar neles o interés por esta ciencia.

 

 

 

Distribuir contido