As Barxas en "Máxia Química"

O 27 de Maio os alumnos de 3º ESO asistiron a un charla titulada "Maxia Química", na Fundación Barrié en Vigo. Nesta charla, lles amosaron varias experiencias espectaculares, como por exemplo, facer desaparecer auga nun vaso, facer desaparecer unha folla de papel ao queimala, cambiar de cor unhas substancias e observar as diferentes cores que teñen distintas substancias ao queimalas. Con todo isto, o que se pretendía era amosar aos estudantes unha visión diferente da Química, para intentar despertar neles o interés por esta ciencia.