Extraescolares outros cursos

Tras dous años de traballo,  o Proxecto Comenius " Jour par Jour" despídese en Lille, Francia. Ata alí se desplazaron as alumnas de 1 Bacharelato Marta Castro e Henar Álvarez acompañadas polas profesoras Montse Sobrino e María González. Os oito países participantes despidieronse coa intención de emprender novos proxectos e de mantener os lazos e vínculos creados.

 

 

 

 

 

O día 8 de Maio, o alumnado de cuarto deu un concerto no auditorio Ágora, de A Coruña, xunto aos seus compañeiros de outros doce centros do ensino público galego, dentro do III Encontro organizado por Asomusica, a asociación de profesores de música de secundaria e bacharelato de Galicia.

O tema elexido este ano foi o rock and roll dos cincuentas e os sesentas do século pasado.  Os nosos chavales tocaron “As time goes by”, dos Rolling Stones, e “My generation”, dos Who.

Ocasión para unha pequena excursión e para vivir a música de arriba a abaixo

 

 

 

O pasado día 29 de abril, os alumnos de Física e Química de 4º da ESO e os alumnos de 3º de Diversificación acudiron a Santiago de Compostela a visitar Meteogalicia. Despois de tantas semanas sufrindo as causas e oíndo falar de cicloxéneses explosivas, os alumnos puideron coñecer de 1ª man o que é unha cicloxénese explosiva e como se forma. Pero isto non é o único que aprenderon os rapaces. Durante a exposición, lles mostraron aos alumnos os diferentes instrumentos que se usan nas estacións meteorolóxicas para recadar datos da temperatura, pluviosidade, humidade, horas de sol, etc. Toda esta información axúdanos non so a coñecer a climatoloxía dunha zona, senón que tamén, coa axuda de modelos matemáticos e supercomputadoras facer unha predición do tempo (a curto prazo). Isto é importante non so desde o punto de vista de “vai chover na ponte da Constitución? Ou na Semana Santa?”, senón que é moi importante no eido da Agricultura e no ámbito vinícola. Actualmente, Meteogalicia recibe datos de estacións meteorolóxicas (automáticas e manuais) en diferentes partes de Galicia e en centros educativos como o noso, aínda que na actualidade está parado. Esperamos, en pouco tempo volver a poñelo en marcha para aportar o noso gran de area.

 

 

 

O día 23 de abril acudiu ao centro o Profesor José Benito Vázquez Dorrío (Directo, así mesmo, da ETSE de Minas da Universidad de Vigo) para dar unha charla sobre Física Re-Creativa. Nesta charla, que intenta motivar aos alumnos e amosar o misteriosa e sorprendente que pode ser a Física, o relator apoiou as súas explicacións sobre leis e principios fundamentais da Física con experiencias con materiais tan simples como un ovo e unha saba, un tubo de cobre e un imán, un vaso de vidro pírex e aceite Johnson's Baby, un cepillo de púas e un globo ou un porta botellas e unha botella de sidra.

 

 

 

O pasado día 10 de abril, alumnos de 1º e 2º de Bacharelato e de 3º ESO D fixeron unha viaxe á cidade de A Coruña para visitar o Museo de Ciencia e Tecnoloxía e o Museo Domus.

No primeiro museo realizaron un reto no que, divididos en grupos de 4 a 6 alumnos, tiñan que resolver cuestións e adiviñas relacionadas con pezas que figuran no museo, como diferentes partes do Boeing 747 “Lope de Vega”, autómatas e o primeiro acelerador de partículas que houbo en España.

Despois de un breve descanso para xantar, acudiron ao Domus. Neste museo, os alumnos puideron realizar cantidade de actividades interactivas relacionadas coa intelixencia, forza, reflexos, axilidade, ...

 

 

 

Distribuir contido