DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

Os alumnos de 3º ESO D elaboraron unhas animacións científicas sobre o ébola e as infeccións víricas. Un estupendo traballo que proxectamos nas xornadas de Enciga que se están a celebrar no noso Centro os días 20, 21 e 22 de novembro.

 

 

 

O hall do Centro acolle esta semana unha exposición sobre virus, realizada polos alumnos de 1º de bacharelato e baixo a supervisión do profesor de Ciencias, Francisco Torrado. Aqui podedes ver unha mostra dos estupendos traballos dos nosos alumnos.

 

 

 

Esta semana podemos disfrutar, no hall do Centro, dunha exposición sobre pegadas fósiles (icnitas) de dinosauros. Nela vemos os diferentes tipos de pegadas de dinosauros, o proceso que as orixina e a situación dos principais xacementos de icnitas na península ibérica. Ademáis  tamén podemos realizar unha sinxela práctica a partir do rastro das pegadas feitas no solo do vestíbulo de como obter información destes fósiles.

 

 

 

 

Con motivo do Magosto, tivo lugar o venres 14 de novembro o tradicional concurso de Tartas. A participación foi masiva, sobre todo por parte dos alumnos de 1º e 2º ESO. A calidade dos postres presentados fixo que o xurado tivera unha dificilísima labor e a puntuación definitiva apenas variaba unhas décimas entre unhas e outras. Grazas aos alumnos e grazas tamén ás súas nais/pais que colaboraron na realización das mesmas.

1º Premio: Angel Macenlle

2º Premio: Carlos Dacunha

3º Premio: Noa Pombal

Concurso Tartas Magosto by Slidely Slideshow

 

 

 

O venres día 7 de novembro de 2014, ás 20.30h. na Libraría O Pontillón de Moaña Presentación da RGT 80, Outono 2014.

A presentación estará a cargo de Antón Lamapereira, director da revista.

Farase unha Lectura Dramatizada dalgúns fragmentos do texto "Arelantes" de Wajdi Mouawad, publicado neste número da RGT, coa participación de actrices e actores da comarca e tamén haberá unha conversa co traductor do texto, Henrique Harguindey Banet.

Do IES As Barxas participarán Rubén Ballesteros e Laura Durán, ademais dun antigo alumno do centro: Gael Villar

 

 

 

Distribuir contido