DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

O día 3 de marzo, os nosos alumnos de 1º ESO C/D viaxaron a sede de Vigo da Fundación Barrié, para participar nos talleres da Semana Matemática, organizada pola Asociación Galega de Profesores de Matemáticas e a Asociación Escola Rosalía de Castro. Participaron en Xogos de estratexia,  experimentaron coa calculadora, tocaron exercicios de probabilidade, tentaron resolver problemas matemáticos, xogaron con simetrías, con pentaminós... e comprobaron que as matemáticas tamén poden ser divertidas.

 

 

 

Traballo realizado polos alumnos de 1º ESO C. Colaboraron na realización os profesores de plástica (Chema) e sociais (Ángeles). Os alumnos realizaron un molde esférico de papel ao que lle engadiron unha proxección cónica da terra. O resultado da súa obra foi colocado sobre o teito da aula e o resultado podedes velo a continuación.

 

 

 

Un grupo de 50 alumnos de 2ºESO, acompañados de Inés, Elisa e Angeles Pico, viaxou ata Pajares do 9 ao 13 de Febreiro. Ademáis de disfrutar da paisaxe, practicaron o esquí e o snow. Na tarde do mércores participaron da estupenda festa que tiñan programada, con DJ, chocolatada e xogos de montaña. Un dos días viaxaron ata Asturias para visitar o Museo de Minas. Aquí unha pequena mostra do ben que o pasaron.

 

 

 

O 24 de febreiro, día de Rosalía de Castro. As alumnas de debuxo artístico, Nuria Souto, Jessica Miranda e María Piñeiro elaboraron unha magnífifca composición que podemos disfrutar no hall do centro para conmemorar o nacemento da poetisa galega.

 

 

 

O xoves 19 de febreiro os alumnos do grupo de teatro, do club de lectura e 3º ESOD viaxan ata Vigo para visitar a ESAD e Salinae. Na ESAD asistiron a un pequeno taller onde os propios alumnos se repartían os papeis de dramaturgo, director de escena, actores...e logo representaron unha pequena historia. Asistiron a unha visita guiada polas instalacións da Escola. Visitaron as salas para ensaiar, de escenografía, o auditorio...


En Salinae asistiron tamén a unha visita guiada na que se lles explicou o descubrimento do xacemento, o que se descubría ao estudiar os osos, o valor do sal e algunha curiosidade do mundo romano.

 

 

 

Distribuir contido