O mércores 20 as 9,00 h saímos do instituto cara a Laxe onde comezamos a primeira das etapas que nos levarían a percorrer parte da Costa da Morte. Este día camiñamos os 15 km que separan Laxe de Camelle visitando o faro de Laxe, a praia dos cristais, as praias de Soesto e Traba ata finalizar no pobo de Camelle onde visitamos o museo de Man. Dende Camelle o autobús levounos ata Muxía onde visitamos o santuario da Virxe da Barca.
O xoves 21 fixemos a segunda etapa, 18 km entre o pobo de Arou e o faro Vilán. Visitamos a duna de Monte Branco, a Praia do Trece e o Cemiterio dos ingleses rematando a camiñata no faro Vilán, onde Cristina a fareira nos contou historias de 45 anos de experiencia no faro.
A noite no cámping transcurriu entre chourizos a brasa e a observación astronómica feita grazas a colaboración do observatorio astronómico Ramón Aller.
Para o último día deixamos a subida ao monte Pindo e a visita a fervenza do Xallas. Catro horas de ruta que se fixeron un pouco longas, entre outras cousas, debido a que a falla de sono non axuda moito nestes menesteres.
Trala comida collemos o bus a e as seis da tarde chegamos a Moaña a tempo para asistir o acto de graduación dos alumnos de 2º de bacharelato.