Saída a Vigo

O xoves 19 de febreiro os alumnos do grupo de teatro, do club de lectura e 3º ESOD viaxan ata Vigo para visitar a ESAD e Salinae. Na ESAD asistiron a un pequeno taller onde os propios alumnos se repartían os papeis de dramaturgo, director de escena, actores...e logo representaron unha pequena historia. Asistiron a unha visita guiada polas instalacións da Escola. Visitaron as salas para ensaiar, de escenografía, o auditorio...


En Salinae asistiron tamén a unha visita guiada na que se lles explicou o descubrimento do xacemento, o que se descubría ao estudiar os osos, o valor do sal e algunha curiosidade do mundo romano.