Semana Matemática

O día 3 de marzo, os nosos alumnos de 1º ESO C/D viaxaron a sede de Vigo da Fundación Barrié, para participar nos talleres da Semana Matemática, organizada pola Asociación Galega de Profesores de Matemáticas e a Asociación Escola Rosalía de Castro. Participaron en Xogos de estratexia,  experimentaron coa calculadora, tocaron exercicios de probabilidade, tentaron resolver problemas matemáticos, xogaron con simetrías, con pentaminós... e comprobaron que as matemáticas tamén poden ser divertidas.